Novedades
Arume Desenvolvementos Informáticos resultou finalista nas categorías de Iniciativa e Tecnoloxía Accesible nos Premios Eganet 2007.
A web de Arume Desenvolvementos Informáticos resultou galardoada na categoría de Web Empresarial máis Accesible II dos Premios Accesibilidade 2006.
Na nova sección de proxectos da empresa, Rugby Galego - Google Maps, pode encontrar un exemplo de uso de Google Maps, vendo os campos e resultados das ligas rexionais de rubgy en Galicia.

Presentación

Arume Desenvolvementos Informáticos é unha empresa de servicios informáticos orientada á creación de todo tipo de software, xa sexan aplicacións de escritorio ou desenvolvementos para a web.

Arume Desenvolvementos Informáticos naceu baixo a premisa da calidade. Tanto nas aplicacións coma nas páxinas web creadas está especialmente coidado non só o aspecto exterior senón, en maior medida, unha programación elegante e correcta, así na forma coma no rendemento.

As distintas solucións informáticas que se ofrecen son:

Aplicacións a medida

Para os clientes que desexan software deseñado especialmente para eles, con tódalas opcións que non encontra en ferramentas xenéricas. Deseñe a súa propia aplicación a medida e traballe ó seu gusto.

Aplicacións propias

Aplicacións propias Para os clientes que necesitan solucións xa e por un prezo módico. Elixa unha aplicación xenérica, para comezar a utilizar agora mesmo e sen pagar grandes cantidades de diñeiro.

Páxinas web

Páxinas web Deseño e creación da súa páxina web, cumprindo os estándares do W3C e as normas de accesibilidade da WAI necesarios para a obtención de algunhas subvencións.

Programación web

Pensada para os clientes que necesitan utilizar as súas aplicacións dende distintos lugares. Encargue a súa aplicación web e poderá usala dende calquera ordenador con acceso a internet e sen ningún tipo de instalación.

Módulos web

Comprobe a lista de módulos web xa creados para integrar inmediatamente na súa páxina. Instale vostede mesmo o que necesite ou solicite orzamento gratis e sen compromiso para adaptalo á súa web.

Auditorías de accesibilidade

Auditorías de accesibilidade Fanse auditorías de accesibilidade para a súa web. Tamén existe a opción de realizar os trocos indicados no informe entregado.

Necesite o que necesite, Arume Desenvolvementos Informáticos pode desenvolvelo para vostede. Póñase en contacto para informar do que precisa e faráselle un orzamento gratuíto e sen ningún tipo de compromiso.