Novedades
Arume Desenvolvementos Informáticos resultou finalista nas categorías de Iniciativa e Tecnoloxía Accesible nos Premios Eganet 2007.
A web de Arume Desenvolvementos Informáticos resultou galardoada na categoría de Web Empresarial máis Accesible II dos Premios Accesibilidade 2006.
Na nova sección de proxectos da empresa, Rugby Galego - Google Maps, pode encontrar un exemplo de uso de Google Maps, vendo os campos e resultados das ligas rexionais de rubgy en Galicia.

Soporte online

Soporte online é un servicio ofrecido por Arume Desenvolvementos Informáticos para axudar a na instalación de programas ou para arranxar problemas no ordeador do cliente sen que ningún técnico teña que desplazarse ata o seu local.

Para utilizar o soporte online deberá seguir os seguintes pasos:

  1. Descargar o programa.
    Arume Soporte Online Arquivo exe de 0.2 Mb
  2. Poñerse en contacto con Arume Desenvolvementos Informáticos para solicitar unha cita mediante un dos seguintes medios:
  3. No momento da cita, terá que executar o programa "Arume Soporte Online" e conectarse (facendo doble click) ó soporte que lle indicaron cando pediu a cita.
  4. Esperar a que o técnico acabe de facer a súa labor.
  5. Pechar o programa "Arume Soporte Online".

Condicións de uso:

  • Ca execución do programa "Arume Soporte Online", o cliente está dando permiso a Arume Desenvolvementos Informáticos para acceder ó seu equipo.
  • O cliente é libre de cortar a conexión no momento que o desexe. O cliente poderá pechar a aplicación en calquer momento e Arume Desenvolvementos Informáticos non volverá a ter acceso ó seu equipo ata que o cliente volva a executar o programa "Arume Soporte Online".
  • Arume Desenvolvementos Informáticos comprométese a non recoller información do equipo do cliente, agás aquela que sexa necesaria para prestar o servizo solicitado.
  • O cliente autoriza a Arume Desenvolvementos Informáticos a instalar ou copiar no seu equipo os programas ou ficheiros necesarios para prestar o servizo solicitado.
  • Arume Desenvolvementos Informáticos non se responsabiliza do uso que faga posteriormente o cliente cos datos e programas instalados, nin das consecuencias derivadas de este uso.
  • Arume Desenvolvementos Informáticos non asume ningunha responsabilidade polos danos (hardware e/ou software) que poidan causarse no equipo do cliente por causas alleas ó servizo prestado ou por problemas previos ou futuros á prestación deste servizo.