Finalistas en Iniciativa e Tecnoloxía Accesible
Arume Desenvolvementos Informáticos quedou finalista en dúas categorías dos Premios Eganet na súa cuarta edición (2007): Iniciativa e Tecnoloxía Accesible.
O Premio Iniciativa outórgase á mellor empresa galega constituída maioritariamente por menores de 35 anos que desenvolvan un proxecto empresarial con menos de 3 anos, relacionado con Internet e que exerza a súa actividade en Galicia. Finalmente o premio foi concedido a Quobis Networks.
O Premio Tecnoloxía Accesible outórgase á mellor iniciativa que vaia dirixida a unhas tecnoloxías accesibles da información e a comunicación nos sistemas informáticos (hardware, software, accesibilidade a páxinas web...) para aqueles que se atopan nunha situación de desventaxa para o acceso aos instrumentos da sociedade da información, como as persoas maiores e as persoas con discapacidade ou mobilidade reducida, sinxela de empregar (deseño para todos) e práctica (útil para calquera) de xeito que sexa atractiva para todos os usuarios, incluso os non iniciados. Finalmente o premio foi concedido a Tadega.net.
Seguimento:
- Premios Eganet Finalistas | Gañadores
- Academia Galega do Audiovisual
- Código Cero