Ola, somos Arume

Desenvolvemos páxinas web, aplicacións para móbiles, capas de realidade aumentada e aplicacións para Facebook. Apaixónanos a informática e somos uns perfeccionistas incurables; por eso nos nosos proxectos utilizamos estándares.

tel. 625 519 694

Mendaña de Neyra, 34, 3º B, 15008, A Coruña

Estás en:

Declaración de accesibilidade

Este sitio web foi deseñado e programado seguindo as directrices da iniciativa WAI, que marca uns estándares internacionais na creación de contidos web accesibles.

Este sitio web cumpre os seguintes estándares:

  • XHTML 1.0 Strict
  • CSS 2
  • WAI AA
  • TAW 3 AA

Esta é unha afirmación subxectiva; algunhas directrices de accesibilidade poden ser medidas automáticamente, pero outras non. Revisáronse as directrices e considerouse que as cumprían todas as páxinas deste sitio web.

Atallos de teclado

En este sitio web están dispoñibles as seguintes teclas de acceso:

  • 1: Inicio
  • 2: Que facemos
  • 3: Quen somos
  • 4: Portafolio
  • 5: Contacto
  • 6: Blog
  • 7: Dúbidas
  • 8: Accesibilidade
  • 9: Aviso legal
  • 0: Mapa web

Pautas de accesibilidade

Tomáronse diversas medidas para facer o sitio web máis accesible, entre elas:

  • Orden lóxico de presentación dos elementos en pantalla
  • XHTML semántico. A etiqueta h2 úsase como título da páxina e a h3 para seccións dentro da páxina web. Por exemplo, en esta páxina, os usuarios de JAWS poden saltar á seguinte sección pulsando Alt + Insert + 3
  • Separación entre capas: a maquetación foi feita íntegramente con CSS e todo o Javascript é non obstructivo
  • Posibilidade de acceso mediante teclado a todas as opcións
  • Texto descriptivo das imaxes
  • Só se utilizan tamaños de fonte relativos
  • As ligazón escríbense de forma que teñan sentido fóra de contexto. Algúns navegadores (tales como JAWS, Home Page Reader, Lynx e Opera) poden extraer a lista de ligazóns da páxina actual e permiten ó usuario navegar dende ela. Tendo esto en conta as ligazóns non están duplicadas e se o están é porque acceden ó mesmo contido.
  • O sitio web é totalmente utilizable incluso se Javascript está deshabilitado ou se se está navegando sen páxinas de estilos.
  • As ligazóns que levan a outros sitios web están marcados co seguinte texto no título: [Ligazón externa].