Ola, somos Arume

Desenvolvemos páxinas web, aplicacións para móbiles, capas de realidade aumentada e aplicacións para Facebook. Apaixónanos a informática e somos uns perfeccionistas incurables; por eso nos nosos proxectos utilizamos estándares.

tel. 625 519 694

Mendaña de Neyra, 34, 3º B, 15008, A Coruña

Estás en:

Aviso legal

O uso ou visita deste sitio web (http://www.arumeinformatica.es/) implica a aceptación por parte do usuario, visitante ou cliente (en adiante usuario), das condicións de uso que se detallan a continuación, así que rogámoslle que lea atentamente a seguinte información antes de facer uso deste sitio web. Se non acepta os seguintes termos e condicións, rogámoslle que se absteña de utilizar este sitio web e o seu contido.

Obxectivo da web:

Esta web foi deseñada para facilitar ó usuario a información relativa ás actividades, productos e servicios que oferta Arume.

Propiedade intelectual e dereitos:

O dominio arumeinformatica.es pertence a Arume Desenvolvementos Informáticos, S.L. (en adiante Arume) con CIF B70126958, inscrita no Rexistro Mercantil de A Coruña, tomo 3241, folio 65, folla nº c-42136, con domicilio social sito en Mendaña de Neyra, 34, 3º B, 15008, A Coruña, con teléfono 625519694 e correo electrónico arume@arumeinformatica.es.

Autorizacións ó usuario:

Calquera usuario está autorizado para ver, copiar, imprimir e distribuir os contidos publicados en esta web sempre que cumpra as seguintes condicións:

  • Queda prohibida a utilización de estes contidos con fins comerciais. Soamente se poderán utilizar con fins informativos.
  • Non poderán ser modificados de ningunha forma estos contidos.
  • Non poderá separarse o texto ou imaxes que o acompañan de forma que o seu contido adquira outro sentido distinto do que Arume pretende expresar no seu contexto orixinal.

Responsabilidades do usuario:

É responsabilidade exclusiva do usuario tanto o acceso a esta web como o uso que poida facerse de ela. Arume non responderá de ningunha consecuencia, dano ou perxuicio que poideran derivarse de este acceso ou uso da información.

Arume pon os medios necesarios para o mantemento da web limpa de virus. Debido ás caraterísticas propias da tecnoloxía e a continua aparición de novos virus e outros elementos dañinos, será responsabilidade do usuario o dispor nos seus equipos dos medios necesarios como programas antivirus e/ou firewalls (cortalumes) coa finalidade de garantir a non infección dos seus equipos e programas, do que en ningún caso poderá facerse responsable a Arume.

Por todo isto, Arume non asume ningunha responsabilidade polos danos (hardware e software) que poidan causarse nos equipos dos usuarios por posibles virus informáticos contraidos a causa da súa navegación na web, ou por calquera outros danos derivados de esa navegación.

Modificación de datos e/ou contidos:

Arume resérvase o dereito para modificar en calquera momento e sen previo aviso o deseño, presentación e/ou configuración da web, así como algúns ou todos os contidos. Tamén se reserva o dereito de modificar as condicións xerais e/ou condicións particulares requeridas para utilizar os mesmos. Dita información será considerada como simplemente informativa.

Fiabilidade e dispoñibilidade da web:

Arume non garante a fiabilidade, a dispoñibilidade nin a inexistencia de interrupcións no acceso ó seu sitio web nin dos seus contidos, polo que a utilización dos mesmos por parte do usuario lévase a cabo pola súa propia conta e risco, sen que, en ningún momento, poidan esixirse responsabilidades a Arume en este sentido.

Modificación das condicións:

Arume pode revisar estas condicións en calquera momento mediante a actualización de esta publicación. Dado o carácter vinculante das mesmas, o usuario debe visitar esta páxina cada certo tempo a fin de revisar as condicións en vigor en cada momento. Os avisos ou termos legais que de forma expresa se indiquen en determinadas páxinas de esta publicación prevalecerán sobre as estipulacións previstas en estas condicións.

Política de protección de datos de carácter persoal:

Arume recolle algúns datos personais que son introducidos polo usuario libremente en diferentes formularios coa finalidade de poder efectuar peticións de información, consultas, solicitar e contratar diferentes servicios de Arume. Estos datos son xestionados de forma automatizada para poder prestar os servicios e/ou contestar ás peticións dos propios usuarios, así como para a mellora e ampliación dos contidos e servicios da web.

Os datos recollidos por Arume nos diferentes formularios da web, son recollidos co coñecemento e consentimento do usuario.

Segundo a Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal, Arume infórmao que os datos persoais que proporcione serán incorporados a un ficheiro, do cal é titular e cuxa finalidade é manter relacións comerciais ou contractuais coa súa empresa, tratamento que autoriza.

Arume recoñécelle a posibilidade de exercitar de forma gratuita os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, nos termos previstos na Lei Orgánica 15/1999, mediante escrito dirixido ao Responsable de Seguridade que poderá ser remitido por correo certificado a Mendaña de Neyra, 34, 3º B, 15008, A Coruña ou por correo electrónico a arume@arumeinformatica.es.

Así mesmo o interesado autoriza a Arume para que os seus datos sexan utilizados co obxecto de realizarlle comunicacións informativas, comerciais e de promoción da empresa que poderán realizarse por calquera medio, incluído o correo electrónico.