Ola, somos Arume

Desenvolvemos páxinas web, aplicacións para móbiles, capas de realidade aumentada e aplicacións para Facebook. Apaixónanos a informática e somos uns perfeccionistas incurables; por eso nos nosos proxectos utilizamos estándares.

tel. 625 519 694

Mendaña de Neyra, 34, 3º B, 15008, A Coruña

Autenticarse

Rexistrarse. Esqueceches o teu contrasinal?

Etiquetas

Saltar as etiquetas

Subscríbete ás RSS

Estás en:

Blog

Java Reflection (parte 2)

19 Mai 2011 por Santi

Comentarios en Java Reflection (parte 2): 9

Java

Na nosa anterior entrada, Java Reflection (parte 1), comentamos como obter o tipo, construtores e instancias dunha clase cando non coñeciamos en tempo de compilación os detalles específicos da mesma.

Neste artigo, comentaremos como obter e manipular os atributos e métodos dunha clase.

Introdución a jQuery

05 Mai 2011 por Jose

Comentarios en Introdución a jQuery: 4

jQuery

Javascript é unha linguaxe de programación moi controvertido desde a súa creación, principalmente pola súa incompatibilidade cos distintos navegadores e as súas versións. Nos seus comezos javascript só se usaba para a modificación de sinxelos efectos desde o lado do cliente ou validación de formularios, pero ca aparición do AJAX esta linguaxe empezou a adquirir unha gran importancia no uso de aplicacións web. A dificultade que ten javascript para crear códigos complexos freaba a total expansión da linguaxe, ata a aparición dos frameworks de javascript.

Java Reflection (parte 1)

26 Abr 2011 por Santi

Comentarios en Java Reflection (parte 1): 17

Java

Unha das funcionalidades máis potentes e pouco coñecidas de Java é o seu soporte para reflexión. Mediante a Java Reflection API o programador pode inspeccionar e manipular clases e interfaces (así como os seus métodos e campos) en tempo de execución, sen coñecer a priori (en tempo de compilación) os tipos e/ou nomes das clases específicas cas que está traballando.

Quizais poida parecernos nunha primeira impresión unha funcionalidade con usos limitados. Pero debemos saber que, por exemplo, moitos frameworks de alto nivel como Hibernate, Spring ou Tapestry fan un uso extensivo desta API para facilitarlle a vida ó programador ó permitirlle que use simples clases POJO para traballar con elas. Outros frameworks menos potentes (ou versións antigas destes mesmos frameworks), obrigaban ó programador a que as súas clases implementaran certos interfaces ou pertencesen a complicadas xerarquías de clases, o cal limitaba a flexibilidade do programador e complicaba a comprensión do código.

Accesibilidade en formularios

04 Abr 2011 por Jose

Comentarios en Accesibilidade en formularios: 0

Formularios

Os formularios son a principal ferramenta de comunicación e interacción entre os usuarios e as aplicacións web; poden usarse para distintos fins como solicitude de datos persoais, comentarios, procura de produtos, ... Como elemento imprescindible de comunicación os formularios deben ser accesibles, sinxelos e fáciles de utilizar para todos os usuarios.

Expresións regulares: conceptos avanzados

21 Mar 2011 por Santi

Comentarios en Expresións regulares: conceptos avanzados: 1

Expresións regulares

Na nosa entrada "Expresións regulares: conceptos básicos" comezamos a tratar os conceptos básicos para traballar con expresións regulares. Como o artigo estáballenos quedando un pouco máis extenso do esperado, preferimos dividir o tema en dous capítulos para mellorar a súa organización e facilitar a comprensión. Desta forma continuaremos nesta entrada falando sobre expresións regulares, comentando agora certos temas máis avanzados que se nos quedaron no tinteiro, como o concepto de voracidade, asercións e diversas secuencias de escape de gran utilidade.