Ola, somos Arume

Desenvolvemos páxinas web, aplicacións para móbiles, capas de realidade aumentada e aplicacións para Facebook. Apaixónanos a informática e somos uns perfeccionistas incurables; por eso nos nosos proxectos utilizamos estándares.

tel. 625 519 694

Mendaña de Neyra, 34, 3º B, 15008, A Coruña

Autenticarse

Rexistrarse. Esqueceches o teu contrasinal?

Etiquetas

Saltar as etiquetas

Subscríbete ás RSS

Estás en:

Blog

Introdución ós microformatos

01 Mar 2011 por Jose

Comentarios en Introdución ós microformatos: 1

Logo de Microformatos

Os contidos dunha web están xeralmente destinados para a comprensión por parte do usuario; para as máquinas (buscadores, axentes de usuarios, ...) estes carecen de significado, só é unha cadea de texto plano que reproducir. A web semántica trata de modificar esta forma de representalo, de dotar á web dun significado tanto para humanos como para máquinas.

Expresións regulares: conceptos básicos

21 Feb 2011 por Santi

Comentarios en Expresións regulares: conceptos básicos: 4

Expresións regulares

Á hora de traballar con cadeas de texto todas as linguaxes de programación nos proporcionan unhas útiles pero simples funcións comúns: buscar unha subcadea dentro dun texto, buscar a primeira aparición dun carácter, etc. Pero para un tratamento máis avanzado a maioría de linguaxes engaden librerías de funcións para traballar con expresións regulares. As expresións regulares proporciónannos moita máis potencia, pois mediante o uso duns simples patróns podemos especificar de forma concisa e flexible cadeas de texto para usar en procuras, reemplazamentos, etc.

Encriptar e gardar contrasinais en base de datos

16 Feb 2011 por Luis

Comentarios en Encriptar e gardar contrasinais en base de datos: 28

Top secret

Sempre que se deseña unha aplicación que necesite identificación de usuarios suscítase a dúbida de se utilizar un sistema de autenticación externo (Facebook, Google , OpenId, ...) ou un sistema de autenticación propio. Cando se utiliza un sistema de autenticación propio, exponse o problema da seguridade á hora de gardar os contrasinais dos usuarios na nosa base de datos.

MySQL: búsqueda de textos en bases de datos

08 Feb 2011 por Jose

Comentarios en MySQL: búsqueda de textos en bases de datos: 13

MySQL

Habitualmente nas páxinas web necesitamos realizar búsquedas nos textos, xa sexa en artigos, noticias ou calquera sección da nosa web. Cando esta búsqueda é sobre unha base de datos, a primeira idea que nos xorde é a do operador LIKE de SQL. Pero esta búsqueda ten un rendemento bastante malo, posto que necesita realizar a procura en todas as filas da táboa atopando coincidencias en todas as subcadeas dos campos seleccionados.

@font-face: Incrustando tipografías nunha páxina web

19 Xan 2011 por Santi

Comentarios en @font-face: Incrustando tipografías nunha páxina web: 14

Tipografías

Desde o principio unha das limitacións máis importantes no deseño web foi no uso de fontes tipográficas. Aínda que teoricamente era posible usar calquera fonte nunha páxina web, en realidade isto era impracticable debido a que cada visitante da web debía ter a fonte en cuestión instalada no seu computador para poder visualizala correctamente. Por iso, ata agora os deseñadores web tiñan que limitarse a usar un pequeno conxunto de fontes "seguras": aquelas fontes que veñen instaladas nos sistemas operativos máis comúns (Windows, Mac OS X, Linux, ...) e que polo tanto sabemos que van estar instaladas no 99% dos computadores visitantes.