Ola, somos Arume

Desenvolvemos páxinas web, aplicacións para móbiles, capas de realidade aumentada e aplicacións para Facebook. Apaixónanos a informática e somos uns perfeccionistas incurables; por eso nos nosos proxectos utilizamos estándares.

tel. 625 519 694

Mendaña de Neyra, 34, 3º B, 15008, A Coruña

Autenticarse

Rexistrarse. Esqueceches o teu contrasinal?

Etiquetas

Saltar as etiquetas

Subscríbete ás RSS

Estás en:

  • Inicio >
  • Blog >
  • Contidos da páxina web: contratar ou redactar nós mesmos

Contidos da páxina web: contratar ou redactar nós mesmos

19 Nov 2010 por Cruz

Comentarios: 2

¿Pagar ou facelo eu mesmo?

Á hora de facer a nosa páxina web, deberemos ter en conta se imos a estructurar e redactar nós mesmos os contidos ou se delegaremos esto na empresa que a desenvolve.

A maior vantaxe de contratar este servicio é que un traballo feito por profesionais sempre quedará mellor que feito por nós mesmos. A maior desvantaxe é que suporá un coste engadido ó desenvolvemento da páxina web.

Deberiamos adicarlle un tempo a meditar esta decisión, xa que é máis importante do que poida parecer nun principio. Do resultado dos contidos dependerá que a nosa páxina web funcione ou non. Os contidos son o máis importante para un bo posicionamento en internet e polo tanto para que nos encontren mediante os buscadores. Tamén depende deles que as nosas visitas encontren a información que buscan e rematen decidíndose por nós e non pola competencia.

Á hora de decidir deberemos ter en conta varios factores:

Coste económico

Deberemos valorar se podemos asumir este coste. En caso negativo a resposta é evidente: deberemos facelo nós.

Tempo adicado

Teremos que valorar o tempo do que dispoñemos. Todos sabemos que as tarefas que son para nós mesmos tenden a ser as que se deixan sempre para despois. Polo cal pode que nunca consigamos adicarlle o suficiente tempo.

Especialización do noso persoal

Se na nosa empresa temos persoal con experiencia na redacción de contidos e con coñecementos en contidos web, podería ser boa opción redactalos nós mesmos.

Obxectivo da páxina web

Non entraña a mesma dificultade redactar os contidos dunha pequena páxina web que o seu obxectivo sexa que nos localicen e sepan chegar deica as nosas oficinas, que redactar os dunha gran asociación onde se queren mostrar todas as actividades e os servicios, ou unha onde haxa que facer unha gran campaña de marketing para vender un producto.

O primeiro exemplo será máis viable que o fagamos nós mesmos, en cambio para os outros é probable que necesitemos a axuda de profesionais.

Servicios ofertados

Deberemos valorar os que nos ofrece a empresa, non é o mesmo redactar os contidos só a partir da publicidade que existe actualmente no mercado, que facer unha investigación interna da nosa empresa para coñecer os nosos obxectivos, expectativas, que esperamos obter ca páxina web, ...

Experiencia e formación da empresa desenvolvedora

Ademáis da experiencia que teña a empresa en estos temas (sempre é un factor importante), deberemos ter en conta que tipo de formación ten. Eu recomendaría que nos poidan ofrecer (xa sexa nunha persoa ou mediante un equipo de traballo) as seguintes características:

Coñecementos de redacción (periodista ou similar)
Non só importa o que se di, senón como se di.
Coñecementos de marketing (comercial ou publicista)
Non só importa o que queremos dicir, senón como presentalo de forma que sexa atractiva para o que escoita.
Coñecementos de web
Os estilos literarios que deben usarse na web son distintos ós do papel.
Coñecemento de buscadores
Xa que queremos que nos encontren os nosos clientes, deberemos saber como redactar e organizar os contidos con estos obxectivos.
Coñecementos de programación e estándares
Necesario para manter a usabilidade da páxina web (que os usuarios se sintan cómodos), accesibilidade (que todo o mundo poida acceder a todos os contidos) e outros estándares que nos aportan innumerables vantaxes.

Ata agora dei razóns obxectivas sobre os pros e contras de ambas opcións, pero a miña opinión é que todo traballo debería ser feito por especialistas no tema. Está claro que esto non sempre é posible e por iso, publicarei outro artigo en breve con "Consellos para redactar e estructurar os contidos dunha páxina web".

Comentarios

2 comentarios. Comentar.

1. Anónimo o 16 Ago 2015 ás 18:35:56

Buen artículo!! :)

Saludos

2. Anónimo o 20 Set 2015 ás 04:10:20

Siempre tuve inconvenientes con la forma de redactar, llegue a este post muy buena la información Gracias

Comentar

Comentar de forma anónima

Podes comentar poñendo calquera nome ou alcume, exceptuando os nomes de usuarios rexistrados. Máximo de 50 caracteres.

Comentar como usuario rexistrado

Rexistrarse. Esqueceches o teu contrasinal?