Ola, somos Arume

Desenvolvemos páxinas web, aplicacións para móbiles, capas de realidade aumentada e aplicacións para Facebook. Apaixónanos a informática e somos uns perfeccionistas incurables; por eso nos nosos proxectos utilizamos estándares.

tel. 625 519 694

Mendaña de Neyra, 34, 3º B, 15008, A Coruña

Autenticarse

Rexistrarse. Esqueceches o teu contrasinal?

Etiquetas

Saltar as etiquetas

Subscríbete ás RSS

Estás en:

HTML5: Introdución

04 Xul 2012 por Luis

Comentarios: 0

HTML5

HTML5 é a nova versión de HTML, a linguaxe de marcado co que se crea a estrutura e o contido das páxinas web. Esta nova versión intenta aumentar a potencia da linguaxe para conseguir aplicacións web cada vez máis complexas.

Con este fin engádense etiquetas para reproducir multimedia (vídeo e audio), novas etiquetas de marcado semántico, novos tipos de campos de entrada de datos en formularios e tamén se define o DOM con novas funcionalidades e as súas respectivas API para engadir características talles como: xeoposicionamento, debuxo, arrastrar e soltar, ...

O doctype

O <!DOCTYPE> non é unha etiqueta senón unha instrución que se usa para especificar ós navegadores a versión de HTML na que está escrito un documento.

Esta instrución debe escribirse antes que calquera outra cousa no documento, antes ata que a etiqueta <html>. No caso de HTML5 esta declaración simplificouse moito, quedando así:

<!DOCTYPE html>

A etiqueta <html>

En XHTML 1.0 a etiqueta <html> tiña este aspecto:

<html xmlns="http://www.w3.org/1999/xhtml" lang="es" xml:lang="es">

Con isto, indicábase o espazo de nomes no que se englobaría o documento e o idioma do mesmo. En HTML5 xa non fai falta declarar explicitamente o espazo de nomes e a declaración de idioma só é necesaria co atributo lang; quedaría así:

<html lang="es">

Codificación de carácteres

Aínda que non é estritamente obrigatorio, é conveniente que a primeira etiqueta que se poña dentro do <head> sexa a que indica a codificación de carácteres do documento. Esta declaración, en versións anteriores facíase así:

<meta http-equiv="Content-Type" content="text/html; charset=utf-8" />

En HTML5 non fai falta aclarar que o contido é de tipo "text/html" e a etiqueta modificouse, quedando así:

<meta charset="utf-8" />

Engadir javascript e CSS

Con HTML5 xa non é necesario o atributo type ó engadir javascript e CSS, xa que o valor por defecto do mesmo xa é o correcto. Así, o que en versións anteriores poriamos así:

<script src="script.js" type="text/javascript"></script>
<link rel="stylesheet" href="estilos.css" type="text/css" />

Agora será moi parecido, só que un pouco máis curto:

<script src="script.js"></script>
<link rel="stylesheet" href="estilos.css" />

Soporte en navegadores

HTML5 non é unha característica dos navegadores en si mesma, senón un conxunto de funcionalidades. Isto quere dicir que non se pode dicir se un navegador soporta HTML5; o que se fai é comprobar se o navegador soporta algunha das súas funcionalidades como xeoposicionamento, vídeo, debuxo, ...

Na Wikipedia podemos atopar unha táboa de características HTML5 soportadas polos distintos navegadores.

Dado que os navegadores non soportan todas as características de HTML5, é recomendable utilizar unha librería como Modernizr que pode detectar as funcionalidades do navegador e, nalgúns casos, ofrece alternativas para aquelas que o mesmo non ten implementadas.

Comentarios

0 comentarios. Comentar.

Comentar

Comentar de forma anónima

Podes comentar poñendo calquera nome ou alcume, exceptuando os nomes de usuarios rexistrados. Máximo de 50 caracteres.

Comentar como usuario rexistrado

Rexistrarse. Esqueceches o teu contrasinal?