Ola, somos Arume

Desenvolvemos páxinas web, aplicacións para móbiles, capas de realidade aumentada e aplicacións para Facebook. Apaixónanos a informática e somos uns perfeccionistas incurables; por eso nos nosos proxectos utilizamos estándares.

tel. 625 519 694

Mendaña de Neyra, 34, 3º B, 15008, A Coruña

Autenticarse

Rexistrarse. Esqueceches o teu contrasinal?

Etiquetas

Saltar as etiquetas

Subscríbete ás RSS

Estás en:

  • Inicio >
  • Blog >
  • iCloud: excluír ficheros do backup

iCloud: excluír ficheros do backup

22 Abr 2013 por Cruz

Comentarios: 0

iCloud

Moitas aplicacións necesitan cargar inicialmente unha gran base de datos. Existen numerosos tutoriais que nos ensinan como engadir ó noso proxecto o ficheiro SQL e cargar os datos de forma persistente no noso dispositivo. O que non adoitan explicar estes tutoriais é que logo de facer a carga do SQL inicial, deberiamos marcar o ficheiro como "Non engadir ás copias de seguridade".

Neste artigo explicaremos por que e como facelo.

Se un dispositivo ten activado iCloud, faranse copias de seguridade dos datos das nosas aplicacións. Para optimizar o espazo en iCloud e as copias de seguridade existen unhas normas que se deben seguir e que se poden consultar en iOS Data Storage Guidelines. Si se incumpren, a nosa aplicación será rexeitada ó ser revisada.

A miña primeira aplicación (Creciendo) foi rexeitada polo seguinte motivo: "2.23: Apps must follow the iOS Data Storage Guidelines or they will be rejected". No meu caso existe un ficheiro .sqlite de 2.5 Mb que se utiliza a primeira vez que se entra na aplicación para crear a base de datos. Este ficheiro non se volve a usar. Tal como se indica en iOS Data Storage Guidelines debería marcalo como "Non engadir ás copias de seguridade", xa que non contén datos creados polo usuario nin modificables.

Marcar un ficheiro como "Non engadir ás copias de seguridade" é moi fácil nas versións de iOS 5.1 ou posteriores (para versións anteriores ler Technical Q&A QA1719 da documentación de Apple Developer) bastará con cambiar a propiedade NSURLIsExcludedFromBackupKey do noso ficheiro:

NSURL *URL = [[NSURL alloc] initFileURLWithPath:defaultDBPath];
BOOL success = [URL setResourceValue: [NSNumber numberWithBool: YES]
                              forKey: NSURLIsExcludedFromBackupKey error: &error];
if(!success){
    NSLog(@"Error eliminando %@ do backup %@", [URL lastPathComponent], error);
}

onde defaultDBPath é un NSString ca ruta e nome do ficheiro en cuestión.

Comentarios

0 comentarios. Comentar.

Comentar

Comentar de forma anónima

Podes comentar poñendo calquera nome ou alcume, exceptuando os nomes de usuarios rexistrados. Máximo de 50 caracteres.

Comentar como usuario rexistrado

Rexistrarse. Esqueceches o teu contrasinal?