Ola, somos Arume

Desenvolvemos páxinas web, aplicacións para móbiles, capas de realidade aumentada e aplicacións para Facebook. Apaixónanos a informática e somos uns perfeccionistas incurables; por eso nos nosos proxectos utilizamos estándares.

tel. 625 519 694

Mendaña de Neyra, 34, 3º B, 15008, A Coruña

Autenticarse

Rexistrarse. Esqueceches o teu contrasinal?

Etiquetas

Saltar as etiquetas

Subscríbete ás RSS

Estás en:

  • Inicio >
  • Blog >
  • Imaxes con puntos brancos en Internet Explorer

Imaxes con puntos brancos en Internet Explorer

18 Xul 2011 por Luis

Comentarios: 0

Internet Explorer

Este é un deses erros que nos atopamos ás veces en Internet Explorer e que poden facernos perder horas enteiras só para atopar o motivo.

O problema preséntase habitualmente cando temos imaxes que facemos aparecer ou desaparecer cun efecto de fundido (por exemplo, cos efectos fadeIn() e fadeOut() de jQuery). Cando o vemos en calquera outro navegador, funciona correctamente, pero en Internet Explorer algunha das imaxes vese con puntos da cor do fondo.

Neste caso, o problema que ten Internet Explorer (versións anteriores á 9) está no filtro propietario filter:alpha(opacity=X) (X será un valor entre 0 e 100), que marca a opacidade da imaxe. Este filtro é o equivalente de Internet Explorer á propiedade CSS3 opacity: X (X será un valor entre 0.0 e 1.0). Esta é a forma que ten jQuery (e outros frameworks javascript) de facer o efecto "fundido".

O filtro, en xeral, funciona ben; pero ten un problema coa cor #02050a (case negro), polo cal, trata os píxeles desa cor como transparentes. Por iso aparecen nalgunhas imaxes "puntos brancos" (en realidade son puntos da cor de fondo).

Para que podamos ver o problema, preparei a seguinte imaxe, á que lle apliquei o filtro filter:alpha(opacity=100):

Lobo ouveando á lúa (IE)

Aqueles con outros navegadores veredes un lobo ouveando á lúa, pero os que usen Internet Explorer (versións anteriores á 9) verán no lobo as letras IE.

A continuación un pantallazo (aproximado) do que ven uns e outros (á esquerda outros navegadores, á dereita Internet Explorer):

Lobos ouveando á lúa (IE)

Solucións ó problema

As solucións a este problema poden ser dúas:

  • Pór o fondo do colector da imaxe con cor #02050a. Así, aínda que os píxeles sexan transparentes, ó final terán a súa cor real. Esta solución pode facer que as transicións entre imaxes (no caso de fundidos) sexan máis escuras.
  • Cambiar a cor dos píxeles da imaxe por outra moi parecida. Isto pódese facer de forma sinxela en, por exemplo, Photoshop indo a Imaxe > Axustes > Substituír cor... e elixindo cambiar #02050a por #02050b (ou outro parecido). O cambio será imperceptible e Internet Explorer mostrará a imaxe correctamente.

Comentarios

0 comentarios. Comentar.

Comentar

Comentar de forma anónima

Podes comentar poñendo calquera nome ou alcume, exceptuando os nomes de usuarios rexistrados. Máximo de 50 caracteres.

Comentar como usuario rexistrado

Rexistrarse. Esqueceches o teu contrasinal?