Ola, somos Arume

Desenvolvemos páxinas web, aplicacións para móbiles, capas de realidade aumentada e aplicacións para Facebook. Apaixónanos a informática e somos uns perfeccionistas incurables; por eso nos nosos proxectos utilizamos estándares.

tel. 625 519 694

Mendaña de Neyra, 34, 3º B, 15008, A Coruña

Autenticarse

Rexistrarse. Esqueceches o teu contrasinal?

Etiquetas

Saltar as etiquetas

Subscríbete ás RSS

Estás en:

Introdución ós microformatos

01 Mar 2011 por Jose

Comentarios: 1

Logo de Microformatos

Os contidos dunha web están xeralmente destinados para a comprensión por parte do usuario; para as máquinas (buscadores, axentes de usuarios, ...) estes carecen de significado, só é unha cadea de texto plano que reproducir. A web semántica trata de modificar esta forma de representalo, de dotar á web dun significado tanto para humanos como para máquinas.

Poderiamos dicir que é dar información dentro de información, aproveitar o código xa xerado para que cunhas sinxelas marcas outros mecanismos poidan completar a súa información, sen alterar os contidos iniciais. Unha técnica técnica útil para esta finalidade son os microformatos.

Que son os microformatos?

Os microformatos son porcións de código (X)HTML estándar que achega información procesable para as máquinas a través dos atributos (class, rel, rev) da linguaxe, como definir os datos dunha persoa, eventos, localizacións, ...

Por exemplo, vCard é un formato estándar para o intercambio de información persoal, usado polas axendas en fichas de contacto. Supoñamos que na web queremos mostrar os datos do autor da mesma, sería algo así:

Arume Desenvolvementos Informáticos

Mendaña de Neyra, 34, 2º B

15008, A Coruña

Teléfono 625519694

O usuario recoñece a información achegada (nome, dirección), pero unha computadora non recoñecerá máis que un anaco de código con varios parágrafos. Vexamos agora como implementar o microformato hCard que representa esta información baixo o estándar vCard

Arume Desenvolvementos Informáticos

Mendaña de Neyra, 34, 2º B

15008, A Coruña

Teléfono 625 519 694

Neste anaco de código o usuario non ve modificada a información, sen embargo, os buscadores poderán recoñecer que o código aquí representado pertence á información persoal da empresa.

Microfromatos existentes

• hCard: (compatible con vCard) como xa vimos achega información de contacto sobre persoas, compañías e organizacións.
• hCalendar: (compatible con iCalendar) achega información sobre eventos.
• rel-license: informa sobre unha licenza de uso.
• rel-nofollow: indica a recolectores que non deben seguir un enlace.
• rel-tag: indica que un enlace é unha etiqueta (tag).
• XFN: indica a relación humana existente entre os elementos marcados con rel="valor" (friend, co-worker, parent, ...).
• XMDP: formato simple para definir os metadatos HTML fácil de ler e escribir ós seres humanos e máquinas.
• XOXO: reforza mediante atributos a definición dunha estrutura de árbore.
• VoteLinks: usado unicamente para marcar votacións.

Segundo microformats.org, a comunidade que valida as especificacións dos microformatos, estas especificacións son as que actualmente están concluídas, aínda que se está traballando noutras como son:

• hResume: currículos.
• geo: coordenadas xeográficas.
• hAtom: sindicacións.
• hRecipe: receitas de cociña.

Na páxina web oficial podes ver os microformatos existentes.

A técnica de intercambio de información por microformatos pode ter un éxito relativo debido ás seguintes razóns:

• A creación dun microformato é simple e non necesita grandes consensos entre organizacións, esta tarefa pode ser realizada por unha persoa que considere útil a creación deste recurso.
• A definición e codificación dun microformato é sinxelo.
• A súa implementación é natural, o que significa que cando se implementa un microformato nun documento non se está forzando a linguaxe de maneira que puidese crear problemas de visualización ou de comprensión do código.

Máis información

Comentarios

1 comentarios. Comentar.

1. Anónimo o 23 Set 2014 ás 18:14:21

Gracias por la información, me ha gustado mucho como está explicada.

Un saludo

Comentar

Comentar de forma anónima

Podes comentar poñendo calquera nome ou alcume, exceptuando os nomes de usuarios rexistrados. Máximo de 50 caracteres.

Comentar como usuario rexistrado

Rexistrarse. Esqueceches o teu contrasinal?