Ola, somos Arume

Desenvolvemos páxinas web, aplicacións para móbiles, capas de realidade aumentada e aplicacións para Facebook. Apaixónanos a informática e somos uns perfeccionistas incurables; por eso nos nosos proxectos utilizamos estándares.

tel. 625 519 694

Mendaña de Neyra, 34, 3º B, 15008, A Coruña

Autenticarse

Rexistrarse. Esqueceches o teu contrasinal?

Etiquetas

Saltar as etiquetas

Subscríbete ás RSS

Estás en:

Nova páxina web

19 Nov 2010 por Luis

Comentarios: 1

Nova páxina web de Arume

Benvidos á nosa nova páxina web. Facía moito tempo que queriamos actualizala, pero nunca atopabamos o momento para facelo. Por fin se deron as circunstancias apropiadas e aquí tedes o resultado.

O deseño da páxina web foi realizado por Línea Creativa e, aínda que estamos pulindo certos estilos, está rematado nun 90%.

Os novos contidos e seccións reflexan o cambio que sufríu Arume nos últimos anos. Desapareceron algunhas seccións, pero a cambio creamos outras como este blog, co que esperamos comunicarnos con vós e transmirtirvos periódicamente algunhas das nosas inquietudes, ou a sección de portafolio onde poderedes ver tanto algúns dos proxectos que realizamos ata o momento como os novos que vaiamos publicando.

Como en todos os proxectos que facemos, tivemos sempre moi presente tanto a usabilidade como a accesibilidade. Tamén aproveitamos para probar algúns estilos do novo CSS3.

Usabilidade

Como é lóxico, cumprimos as regras xerais da usabilidade, pero é difícil de definir outras moitas actuacións que levamos a cabo na páxina web a favor da usabilidade xa que, aínda que é algo que nos preocupa moito, son cousas como "imos poñer este elemento aquí en lugar de aí" ou as temidas por todo deseñador, "quero que os botóns parezan botóns" e "os elementos deben usar o mesmo estilo en todas as páxinas do sitio". Sería moito máis fácil de ver se dispuxeramos dos bosquexos iniciais e puideramos ver como ían cambiando a medida que tomamos decisións basadas na usabilidade.

Accesibilidade

Por suposto, a nosa páxina web é accesible. Intentamos ter en conta ós usuarios con todo tipo de limitacións: contrastes adecuados, ligazóns para poder saltar ó contido e para poder saltar cada un dos menús, acceso a todas as opcións só co teclado, HTML semántico, todos os elementos se adaptan se crece ou diminúe o tamaño do texto, teclas rápidas, ...

Vista desta páxina co texto normal e aumentado

Puxemos moito empeño en que esta páxina sexa o máis accesible posible para todos os usuarios. Dende logo, se te atopas con algunha dificultade para usala, non dubides en poñerte en contacto con nós para que intentemos arranxar o problema, xa sexa a través dos comentarios desta entrada ou dende a nosa sección de contacto.

CSS3

Aproveitamos para poñer en práctica algunha das novas características de CSS3. Por suposto, para poder gozar de elas, tes que utilizar un navegador que as teña implementadas. Eso inclúe as versións actuais de algúns navegadores: Firefox 3.6, Chrome 7, Opera 10.6 e Safari 5. Internet Explorer 8 non as implementa, aínda que a versión 9 (actualmente en beta) si que as terá.

Parte desta páxina vista con Firefox e con IE

As características que probamos son: bordes redondeados e sombras. Podes ver ambos (se tes o navegador adecuado) no menú de cambio de idioma, tanto no idioma actual como ó pasarlle por enriba co rato (ou co teclado, cando a ligazón é a seleccionada). Para aqueles que non dispoñan do mesmo, deixo imaxe na que se ve esa parte da páxina web con un navegador con CSS3 (Firefox 3.6) e outro sen el (Internet Explorer 8).

Comentarios

1 comentarios. Comentar.

1. Cruz o 29 Nov 2010 ás 16:20:22

Tamén nos gustaría recibir comentarios sobre a vosa opinión xeral da nova web.

Comentar

Comentar de forma anónima

Podes comentar poñendo calquera nome ou alcume, exceptuando os nomes de usuarios rexistrados. Máximo de 50 caracteres.

Comentar como usuario rexistrado

Rexistrarse. Esqueceches o teu contrasinal?