Ola, somos Arume

Desenvolvemos páxinas web, aplicacións para móbiles, capas de realidade aumentada e aplicacións para Facebook. Apaixónanos a informática e somos uns perfeccionistas incurables; por eso nos nosos proxectos utilizamos estándares.

tel. 625 519 694

Mendaña de Neyra, 34, 3º B, 15008, A Coruña

Autenticarse

Rexistrarse. Esqueceches o teu contrasinal?

Etiquetas

Saltar as etiquetas

Subscríbete ás RSS

Estás en:

  • Inicio >
  • Blog >
  • Perdendo sesións nos iFrames con Internet Explorer

Perdendo sesións nos iFrames con Internet Explorer

21 Mar 2012 por Jose

Comentarios: 0

Internet Explorer

O uso de iFrames é unha técnica desaconsellada por moitos programadores, pero aínda así e a pesar do alto consumo que provoca nos navegadores, é necesario usala á hora de realizar algúns traballos, como poden ser as novas aplicacións para Facebook, que deben estar incustradas nun iFrame. Este método, cando nos manexamos con IE, pode provocar que non funcionen correctamente as sesións.

Por que se perden as sesións

A plataforma de preferencias de privacidade ou P3P é un protocolo que permite ós sitios web declarar as intencións de uso da información recompilada sobre os usuarios que o visitan e dar desta forma un maior control a estes sobre a súa información persoal cando navegan. P3P foi desenvolvido polo W3C e recomendouse oficialmente o 16 de abril de 2002.

A plataforma establece un formato estándar para declarar a identidade e as prácticas sobre a información dos usuarios. Esta información pode ser interpretada por usuarios ou por software dedicado a este propósito. Xa que logo pódense construír ferramentas (axentes de usuario) que permiten ó usuario especificar as súas preferencias e este software encárgase de comprobar automaticamente se o especificado por este se verifica nunha páxina web concreta. Dependendo das preferencias especificadas o axente pode, por exemplo, mostrar unha mensaxe de alerta, xerar unha fiestra para pedir instrucións, permitir o acceso, rexeitar o acceso, ... O proceso de comprobación das preferencias débese levar a cabo nunha zona segura na cal o servidor web debe recoller só a mínima información posible do cliente.

IE trae incorporada esta característica, e posto que considera os contidos dun iFrame como "contido de terceiras partes", se temos unha configuración de seguridade no navegador que bloquee as cookies de terceiros sen unha política de privacidade (a configuración por defecto faino), estaranse bloqueando as devanditas cookies e xa que logo perderanse as sesións. Para evitalo debemos crear unha política de privacidade que sexa aceptable para a nosa configuración de seguridade en IE e enviala a través dun encabezado P3P.

Directivas P3P

Existe un bo tutorial sobre como crear as directivas P3P na páxina do W3C. Aínda que de forma sinxela podemos implementalas en PHP co seguinte código reducido:

header('P3P: CP="IDC DSP COR CURa DMa OUR IND PHY ONL COM STA"');

Podemos comprobar o significado das directivas P3P en P3PWriter.

Comentarios

0 comentarios. Comentar.

Comentar

Comentar de forma anónima

Podes comentar poñendo calquera nome ou alcume, exceptuando os nomes de usuarios rexistrados. Máximo de 50 caracteres.

Comentar como usuario rexistrado

Rexistrarse. Esqueceches o teu contrasinal?