Ola, somos Arume

Desenvolvemos páxinas web, aplicacións para móbiles, capas de realidade aumentada e aplicacións para Facebook. Apaixónanos a informática e somos uns perfeccionistas incurables; por eso nos nosos proxectos utilizamos estándares.

tel. 625 519 694

Mendaña de Neyra, 34, 3º B, 15008, A Coruña

Autenticarse

Rexistrarse. Esqueceches o teu contrasinal?

Etiquetas

Saltar as etiquetas

Subscríbete ás RSS

Estás en:

Perfís en Facebook

16 Abr 2012 por Jose

Comentarios: 0

Facebook

Facebook converteuse nos últimos anos nunha ferramenta case imprescindible na sociedade actual, modificando a visión das relacións persoais e profesionais. Pero, coñecen os seus usuarios as opcións que esta aplicación lles ofrece? Por exemplo, temos o perfil máis adecuado ás nosas necesidades? Facebook ofrece distintos dous tipos de perfís, perfil de usuario e páxina ou Fan Page.

Poderiamos dicir que as páxinas representan a empresas mentres que os perfís fano a persoas. A súa principal diferenza atópase na protección dos datos persoais: mentres que as páxinas son elementos públicos que ata poderían indexarse desde Google, os perfís ofrecen a opción de mostrar e ocultar a información como máis nos interese.

Perfil persoal

  • Os contactos chámanse amigos, deberán ser aceptados cada un deles para poder acceder á información. Pode ter un máximo de 5000 amigos.
  • Un perfil persoal só pode ser visitado polos amigos deste.
  • Cun perfil pódese navegar, crear, administrar e configurar cantas páxinas se desexen, pero non instalar aplicacións neste perfil.

Perfil de páxina

  • Os contactos chámanse fans, e non necesitan autorización para facerse seguidores, faise pulsando o botón "Me gusta". O número de contactos é ilimitado.
  • O perfil é visible para todo o mundo, ata sen iniciar sesión en Facebook.
  • Pode enviar actualizacións de contido a todos os fans á vez.
  • Ten ferramentas específicas para controlar as estatísticas de acceso ó perfil.
  • Podes navegar, crear, administrar e configurar as páxinas que desexes. Tamén pode ter instaladas as aplicacións nas pestanas.

Ca aparición do novo perfil de páxina moitos usuarios danse conta que este se adapta mellor á súa condición, debido a isto Facebook decidiu facilitar o cambio de perfil persoal a páxina, sen perder a listaxe de amigos, converténdoos en novos fans. Pero antes de realizar este cambio le con atención a información existente.

Perfil desenvolvedor

Existe outro caso, que realmente non é un tipo de perfil, senón que é un complemento do perfil persoal e que permite crear as aplicacións e os xogos en Facebook: o perfil desenvolvedor. Para activalo deberase engadir a aplicación Facebook Developer Application e entón poderán empezar a crearse as súas propias aplicacións.

Comentarios

0 comentarios. Comentar.

Comentar

Comentar de forma anónima

Podes comentar poñendo calquera nome ou alcume, exceptuando os nomes de usuarios rexistrados. Máximo de 50 caracteres.

Comentar como usuario rexistrado

Rexistrarse. Esqueceches o teu contrasinal?