Ola, somos Arume

Desenvolvemos páxinas web, aplicacións para móbiles, capas de realidade aumentada e aplicacións para Facebook. Apaixónanos a informática e somos uns perfeccionistas incurables; por eso nos nosos proxectos utilizamos estándares.

tel. 625 519 694

Mendaña de Neyra, 34, 3º B, 15008, A Coruña

Autenticarse

Rexistrarse. Esqueceches o teu contrasinal?

Etiquetas

Saltar as etiquetas

Subscríbete ás RSS

Estás en:

  • Inicio >
  • Blog >
  • Redactar os contidos dunha páxina web

Redactar os contidos dunha páxina web

20 Dec 2011 por Cruz

Comentarios: 18

Escribir

A páxina web é un método de publicidade un tanto distinto aos convencionais (anuncios en prensa, televisión, catálogos). O obxectivo da páxina web é tanto comunicarnos cos nosos clientes como intentar captar novos. Por iso debemos pensar moito no que queremos dicir e como debemos dicilo. Este medio de comunicación ten as súas propias normas e forma de funcionar polo que non poderemos escribir da forma convencional.

Neste artigo exporemos algunhas normas para organizar e redactar os contidos, así como as razóns de por que debe facerse así.

Unha das partes máis delicadas á hora de crear a nosa páxina web é a organización dos contidos e a súa redacción. Debemos dedicarlle tempo, xa que do seu resultado dependen tres factores moi importantes:

  • que os clientes nos atopen a través dos buscadores
  • que transmitamos confianza ó cliente
  • que os clientes se decidan por nós

Estrutura

Antes de nada, deberemos pensar na estrutura da páxina web; para iso débense ter en conta as preguntas básicas ás que debemos responder: que?, quen?, como? e onde?. Nalgúns casos poida que algunha non teña sentido (por exemplo o onde para unha empresa que opera a través de internet).

Estas son algunhas das seccións ou páxinas que podemos usar para dar resposta a estas preguntas:

  • Que facemos, Catálogo ou Servizos: onde describiremos os nosos produtos ou servizos. Na maior parte dos casos o como non é tan relevante e non necesita unha sección propia ou é parte do propio servizo, nese caso podemos contalo nesta sección.
  • Quen somos, presentación ou historia: na que describiremos de forma breve a nosa historia. É recomendable falar tamén das persoas que forman a empresa, así crearemos un trato máis próximo e persoal.
  • Onde estamos: é boa idea engadir un mapa de Google Maps coa posición da oficina. Grazas á súa interactividade o cliente poderá navegar polo mapa. Tamén podemos facilitarlle as cousas coa ferramenta de "Como chegar" na que a partir dunha dirección se lle indique a ruta ata a nosa oficina.

Outras dúas seccións básicas son:

  • Inicio ou Portada: onde faremos un resumo. Despois falarei sobre a importancia desta sección.
  • Contacto: se nos deixamos algo no tinteiro ou para todo aquilo que non podemos pór na páxina web, crearemos unha sección de contacto onde os clientes poderán consultarnos o que necesiten. Ademais de que estea de forma visible o noso teléfono ou mail, debe haber un formulario de contacto para que poidan escribir nese mesmo momento os seus comentarios.

Redacción

Agora que xa sabemos como organizalo, pensemos en como escribilo. O primeiro que debemos facer é pensar en como nos gustaría que nos localizasen os nosos clientes nos buscadores. O obxectivo é buscar unha lista curta de palabras (5 ou 6) pola que queremos que nos localicen. Esta lista acompañaranos durante todo o proceso de redacción.

O seguinte paso é redactar o texto de portada. Debemos pensar que esta é a sección máis importante da páxina web, xa que é o primeiro que verán a maioría dos nosos clientes. Debemos "enganchalos" co que mostremos nela. Para os buscadores tamén é moi importante, xa que os textos que aparecen en portada teñen máis importancia que o resto; polo tanto deberemos asegurarnos que na portada aparecen todas as palabras da lista que creamos no paso anterior.

O texto de portada debe dicir de forma clara a que nos dedicamos, ademais debe ser breve e conciso. Debemos pensar nos potenciais clientes que usan os buscadores. Se chegan á nosa páxina, quererán saber dunha ollada se nós temos o que eles buscan, polo tanto deberá indicarse de forma clara que facemos (un erro común é pensar que se están na nosa páxina web é que xa saben a que nos dedicamos) e, sobre todo, contalo de forma breve. Se ven demasiada información poida que se "saturen" e prefiran buscar noutra páxina web.

Tamén se deberían destacar as nosas mellores virtudes na portada, o que nos fai mellor que a competencia.

Como dicía antes, é moi importante que aparezan todas as palabras da nosa lista en portada, así conseguiremos un mellor posicionamento en buscadores. Outros trucos para aparecer mellor situados son que as palabras da lista:

  • Aparezan nos títulos.
  • Sexan enlaces.
  • Se están no texto, remarcalas en remarcarlas en negriña.
  • Repítanse en todas as seccións.

Agora quédanos redactar o texto do resto de seccións, para iso teremos sempre presente estas normas:

  • Ser breve e conciso.
  • Repetir as palabras da lista.
  • Pensar como un posible cliente e escribir o que quererías saber (non escribir o que queres que saiban de ti, senón a información que un cliente quere saber).
  • Falar nunha linguaxe coloquial e próxima.

Erros comúns

Debemos ter especial coidado con dúas seccións nas que todos tendemos a estendernos: que facemos e quen somos. Na primeira tendemos a querer explicar todos os nosos produtos ou servizos con todo luxo de detalle. O ideal é pór unha lista dos produtos ou servizos cunha explicación moi breve de cada un (unha frase moi curta). En caso de querer ofrecer máis información sempre poderemos pór enlaces a novas seccións específicas para cada produto. Na segunda debemos recordar que o cliente non quere ler unha biografía sobre nós, senón un pequeno resumo.

Para pechar o artigo gustaríame facer referencia a varios estudos que hai sobre a redacción de contidos nos que se chegou á conclusión de que os textos para páxinas web deben ser a metade que os de formato en papel, así que unha vez que teñas os textos escritos e revisados, redúceos á metade eliminando todo o que non sexa estritamente necesario e deixando só o máis importante.

Comentarios

18 comentarios. Comentar.

1. Anónimo o 20 Xuñ 2012 ás 01:19:50

Estupendo, aunque breve me ha ayudado mucho. Gracias Cruz

2. Cruz o 21 Xuñ 2012 ás 08:37:44

De nada.

3. santroncho o 13 Nov 2012 ás 19:10:32

Guenisimo

4. Andre o 17 Dec 2012 ás 14:37:06

Super bueno! gracias!

5. Charly o 01 Mar 2013 ás 15:07:37

Me parece muy útil.

6. Anónimo o 16 Mai 2013 ás 16:47:33

Buenas ideas para empezar a trabajar

7. Mónica o 15 Ago 2013 ás 22:29:05

Clarito..., gracias por el apoyo.

Que les vaya súper en su empresa.

8. Anónimo o 14 Feb 2014 ás 04:47:35

Excelente Gracias

9. ALEX-CALI-COL o 27 Xul 2014 ás 03:37:37

EXCELENTE ESCRITO.

MUCHAS GRACIAS

10. Anónimo o 30 Nov 2014 ás 18:03:40

no entiendo

11. Anónimo o 19 Xan 2015 ás 12:09:19

Me ha servido de ayuda,todo cuenta para hacerte una idea global y plasmarlo a tu manera.Gracias

12. chelo o 11 Feb 2015 ás 01:01:22

Muy buenos consejos, gracias

13. Gustavo o 03 Mar 2015 ás 02:49:26

muy buenos consejos, gracias

14. Anónimo o 29 Xul 2015 ás 17:06:07

Muy buen post :)

Saludos.

15. Anónimo o 29 Xul 2015 ás 17:06:31

Muy buen post :)

Saludos.

16. Jota o 20 Set 2015 ás 04:08:24

Excelente post. me sirvió de mucho

18. emilio o 02 Feb 2017 ás 20:52:46

gracias!!! muy buenos consejos

19. Anónimo o 22 Mar 2017 ás 20:30:20

Comentar

Comentar de forma anónima

Podes comentar poñendo calquera nome ou alcume, exceptuando os nomes de usuarios rexistrados. Máximo de 50 caracteres.

Comentar como usuario rexistrado

Rexistrarse. Esqueceches o teu contrasinal?