Estás en:

Blog: CSS

Espazos en branco en listas con inline-block

21 Mai 2012 por Jose

Comentarios en Espazos en branco en listas con inline-block: 10

CSS

Un elemento ca propiedade CSS display: inline-block coloca os elementos en liña pero conservando as propiedades de bloque (alto, ancho, marxe, recheo, ...), pero cando establecemos unha lista co atributo display: inline-block aparece unha separación de 4 píxeles entre os elementos da mesma, que pode botar abaixo o deseño da nosa web. Neste artigos veremos distintas formas de solucionar este problema: unhas modificando o HTML e outras usando só CSS.

LESS: Usando CSS dinámico

17 Xan 2012 por Jose

Comentarios en LESS: Usando CSS dinámico: 3

LESS

Cando CSS naceu só era unha ferramenta para modificar algúns estilos básicos nunha páxina web. Co tempo os programadores atoparon unha potente ferramenta nesta linguaxe, optimizando o seu uso non só para cambiar estilos senón para ser capaz de controlar toda a parte visual dunha páxina web en calquera dispositivo que nos atopemos. Agora foron un paso máis aló, creando ferramentas de pre-procesado de CSS, que consiste en estendelo para usar variables, regras aniñadas, mixins ou funcións. Entre estas ferramentas atópanse LESS ou SASS.

@font-face: Incrustando tipografías nunha páxina web (revisado)

17 Nov 2011 por Luis

Comentarios en @font-face: Incrustando tipografías nunha páxina web (revisado): 35

Tipografías

O código CSS que recomendaramos no noso artigo @font-face: Incrustando tipografías nunha páxina web era bo no seu momento, pero a saída de Internet Explorer 9, o aumento de formatos de fonte soportados polos navegadores, así como o descubrimento de que é pouco recomendable usar a instrución local(), fixo necesario actualizar o código para que funcione correctamente na maioría de navegadores, sistemas operativos e servidores.

Imaxes con puntos brancos en Internet Explorer

18 Xul 2011 por Luis

Comentarios en Imaxes con puntos brancos en Internet Explorer: 0

Internet Explorer

Este é un deses erros que nos atopamos ás veces en Internet Explorer e que poden facernos perder horas enteiras só para atopar o motivo.

O problema preséntase habitualmente cando temos imaxes que facemos aparecer ou desaparecer cun efecto de fundido (por exemplo, cos efectos fadeIn() e fadeOut() de jQuery). Cando o vemos en calquera outro navegador, funciona correctamente, pero en Internet Explorer algunha das imaxes vese con puntos da cor do fondo.

@font-face: Incrustando tipografías nunha páxina web

19 Xan 2011 por Santi

Comentarios en @font-face: Incrustando tipografías nunha páxina web: 14

Tipografías

Desde o principio unha das limitacións máis importantes no deseño web foi no uso de fontes tipográficas. Aínda que teoricamente era posible usar calquera fonte nunha páxina web, en realidade isto era impracticable debido a que cada visitante da web debía ter a fonte en cuestión instalada no seu computador para poder visualizala correctamente. Por iso, ata agora os deseñadores web tiñan que limitarse a usar un pequeno conxunto de fontes "seguras": aquelas fontes que veñen instaladas nos sistemas operativos máis comúns (Windows, Mac OS X, Linux, ...) e que polo tanto sabemos que van estar instaladas no 99% dos computadores visitantes.