Estás en:

Blog: HTML

HTML5: Introdución

04 Xul 2012 por Luis

Comentarios en HTML5: Introdución: 0

HTML5

HTML5 é a nova versión de HTML, a linguaxe de marcado co que se crea a estrutura e o contido das páxinas web. Esta nova versión intenta aumentar a potencia da linguaxe para conseguir aplicacións web cada vez máis complexas.

Con este fin engádense etiquetas para reproducir multimedia (vídeo e audio), novas etiquetas de marcado semántico, novos tipos de campos de entrada de datos en formularios e tamén se define o DOM con novas funcionalidades e as súas respectivas API para engadir características talles como: xeoposicionamento, debuxo, arrastrar e soltar, ...

Web para móbiles axustada ó ancho da pantalla

07 Xuñ 2012 por Luis

Comentarios en Web para móbiles axustada ó ancho da pantalla: 3

Portátil e móbil

Cando facemos unha páxina web para ser vista nun móbil, podemos atoparnos con que esta vese moi pequena, ocupando unicamente unha parte da pantalla. Este efecto é debido a que os navegadores para móbiles cando abren unha páxina web dan por suposto que estará optimizada para navegadores de escritorio, así que o que fan é asignarlle un ancho por defecto (que varía segundo o dispositivo) e escalan o contido para que apareza completo na pantalla.

Espazos en branco en listas con inline-block

21 Mai 2012 por Jose

Comentarios en Espazos en branco en listas con inline-block: 10

CSS

Un elemento ca propiedade CSS display: inline-block coloca os elementos en liña pero conservando as propiedades de bloque (alto, ancho, marxe, recheo, ...), pero cando establecemos unha lista co atributo display: inline-block aparece unha separación de 4 píxeles entre os elementos da mesma, que pode botar abaixo o deseño da nosa web. Neste artigos veremos distintas formas de solucionar este problema: unhas modificando o HTML e outras usando só CSS.

Accesibilidade en formularios

04 Abr 2011 por Jose

Comentarios en Accesibilidade en formularios: 0

Formularios

Os formularios son a principal ferramenta de comunicación e interacción entre os usuarios e as aplicacións web; poden usarse para distintos fins como solicitude de datos persoais, comentarios, procura de produtos, ... Como elemento imprescindible de comunicación os formularios deben ser accesibles, sinxelos e fáciles de utilizar para todos os usuarios.

Introdución ós microformatos

01 Mar 2011 por Jose

Comentarios en Introdución ós microformatos: 1

Logo de Microformatos

Os contidos dunha web están xeralmente destinados para a comprensión por parte do usuario; para as máquinas (buscadores, axentes de usuarios, ...) estes carecen de significado, só é unha cadea de texto plano que reproducir. A web semántica trata de modificar esta forma de representalo, de dotar á web dun significado tanto para humanos como para máquinas.