Estás en:

Blog: iOS

iCloud: excluír ficheros do backup

22 Abr 2013 por Cruz

Comentarios en iCloud: excluír ficheros do backup: 0

iCloud

Moitas aplicacións necesitan cargar inicialmente unha gran base de datos. Existen numerosos tutoriais que nos ensinan como engadir ó noso proxecto o ficheiro SQL e cargar os datos de forma persistente no noso dispositivo. O que non adoitan explicar estes tutoriais é que logo de facer a carga do SQL inicial, deberiamos marcar o ficheiro como "Non engadir ás copias de seguridade".

Neste artigo explicaremos por que e como facelo.

iOS: Ocultar teclado numérico ou decimal (number or decimal pad)

13 Dec 2012 por Cruz

Comentarios en iOS: Ocultar teclado numérico ou decimal (number or decimal pad): 4

iOS

O Xcode permítenos ocultar de forma moi sinxela o teclado estándar ó pulsar sobre a tecla de retorno (Return Key). É suficiente con crear un Outlet para o TextField. Un IBAction no TextField asociado ó evento DidEndOnExit cunha única liña de código: [myTextField resignFirstResponder];

O problema está cando necesitamos un teclado numérico (Number Pad) ou decimal (Decimal Pad), xa que non dispón de tecla de retorno. Unha solución rápida e útil é crear unha barra auxiliar (Toolbar) na que podemos engadir varios botóns, entre eles o de ocultar o teclado.

Apple Touch Icon: favicon ou icona de WebApp en iOS

11 Out 2012 por Cruz

Comentarios en Apple Touch Icon: favicon ou icona de WebApp en iOS: 1

iOS

Nun artigo anterior vimos como crear as distintas iconas das nosas aplicacións para iOS. Neste artigo explicaremos como crear unha icona para engadir á pantalla de inicio dun iPhone ou iPad para unha páxina web ou unha WebApp, os seus distintos tamaños e con ou sen efectos de sombras e brillos.

Iconas de aplicación e imaxes por defecto en iOS

22 Xuñ 2012 por Cruz

Comentarios en Iconas de aplicación e imaxes por defecto en iOS: 0

iOS

Vivimos nunha época na que a aparencia é importante, gústenos ou non, todo o mundo se fai unha opinión a partir da aparencia e sobre todo da primeira impresión. No mundo das aplicacións non é distinto, se temos unha aplicación moi boa, pero cunha imaxe pouco coidada, corremos o risco de que algúns usuarios nin se molesten en probala por pensar que é cutre ou que a proben partindo dunha valoración baixa.