Estás en:

Blog: Javascript

Obter enderezo postal cas coordenadas xeográficas

24 Set 2013 por Luis

Comentarios en Obter enderezo postal cas coordenadas xeográficas: 26

Xeocodificación inversa

Nun artigo anterior vimos como obter a ubicación xeográfica do usuario ca API de xeolocalización de HTML5. Neste artigo imos profundar nese tema vendo como, a través da latitude e lonxitude obtidas, podemos coñecer o enderezo real do usuario.

Para conseguilo, usaremos o Servizo de Codificación Xeográfica da API de Google Maps.

HTML5: API de xeolocalización (Geolocation API)

17 Xan 2013 por Luis

Comentarios en HTML5: API de xeolocalización (Geolocation API): 47

HTML5

Unha das principais novidades de HTML5 foi a aparición de novas APIs de Javascript que aumentan a potencia desta linguaxe.

Unha delas é a nova API de xeolocalización, que nos permite coñecer a ubicación xeográfica do usuario, a condición de que estea usando un navegador que a teña implementada e que o usuario dea o seu permiso.

Aínda que a primeira impresión sexa que só será útil para usuarios de navegadores móbiles, a realidade é que este utiliza outros medios ademais do GPS para calcular a ubicación do usuario, por exemplo a través da súa dirección IP.

HTML5: Outras etiquetas novas

31 Out 2012 por Luis

Comentarios en HTML5: Outras etiquetas novas: 5

HTML5

Como continuación ós artigos de introdución a HTML5 e HTML5: novas etiquetas semánticas e estruturais, imos revisar o resto de novas etiquetas que nos trae esta revisión da linguaxe.

A maioría das novas etiquetas engaden valor semántico ó documento, pero algunhas engaden funcionalidades que ata agora só se podían obter usando Javascript ou Flash.

jQuery, optimizando para aumentar o rendemento: uso excesivo

04 Mai 2012 por Luis

Comentarios en jQuery, optimizando para aumentar o rendemento: uso excesivo: 2

jQuery

Tras os artigos sobre como optimizar os selectores en jQuery, outras formas de optimizar jQuery e optimizar a manipulación do DOM con jQuery, neste artigo, último desta serie, imos tratar técnicas de optimización que se basean en non usar jQuery máis do necesario, xa que utilizar simple javascript é moito máis rápido, así como técnicas para evitar que jQuery execute funcións de forma innecesaria.

jQuery, optimizando para aumentar o rendemento: o DOM

04 Abr 2012 por Luis

Comentarios en jQuery, optimizando para aumentar o rendemento: o DOM: 3

jQuery

En artigos anteriores vimos como optimizar os selectores en jQuery e outras formas de optimizar jQuery para conseguir un mellor rendemento do noso código. Neste artigo trataremos sobre a manipulación do DOM, unha acción que é tan custosa que debe tratarse con moito coidado.

Recordar que, para a maioría de proxectos non é necesario refacer o código pero que sempre podemos ter en conta estas pautas en diante.