Estás en:

Blog: Javascript

jQuery, optimizando para aumentar o rendemento: varios

06 Mar 2012 por Luis

Comentarios en jQuery, optimizando para aumentar o rendemento: varios: 0

jQuery

Nun artigo anterior vimos como optimizar os selectores en jQuery para conseguir un mellor rendemento do noso código. Neste artigo veremos varias técnicas que perseguen o mesmo obxectivo.

Como se explica no anterior artigo, para a maioría de proxectos é innecesario preocuparse da optimización aínda que, se ben a mellora non xustifica refacer o código de proxectos antigos, sempre podemos realizar os novos seguindo estas pautas. Ademais, algunhas das técnicas que se explican neste artigo, si poden supor unha gran mellora nos tempos.

jQuery, optimizando para aumentar o rendemento: os selectores

07 Feb 2012 por Luis

Comentarios en jQuery, optimizando para aumentar o rendemento: os selectores: 1

jQuery

Neste artigo veremos algúns consellos para aumentar o rendemento e a velocidade de execución do código jQuery. Neste primeiro artigo imos centrarnos nos selectores. Aínda que para a maioría de proxectos é innecesario preocuparse da optimización, xa que o beneficio que se obtén é ínfimo, para algúns proxectos nos que se fai un uso intensivo de javascript, uns milisegundos en cada acción poden supor unha gran diferenza. Ademais, aínda que a mellora non xustifica refacer o código de proxectos antigos, sempre podemos realizar os novos seguindo estas pautas.

LESS: Usando CSS dinámico

17 Xan 2012 por Jose

Comentarios en LESS: Usando CSS dinámico: 3

LESS

Cando CSS naceu só era unha ferramenta para modificar algúns estilos básicos nunha páxina web. Co tempo os programadores atoparon unha potente ferramenta nesta linguaxe, optimizando o seu uso non só para cambiar estilos senón para ser capaz de controlar toda a parte visual dunha páxina web en calquera dispositivo que nos atopemos. Agora foron un paso máis aló, creando ferramentas de pre-procesado de CSS, que consiste en estendelo para usar variables, regras aniñadas, mixins ou funcións. Entre estas ferramentas atópanse LESS ou SASS.

jQuery: asociar eventos a elementos HTML creados dinámicamente

30 Dec 2011 por Luis

Comentarios en jQuery: asociar eventos a elementos HTML creados dinámicamente: 49

jQuery

Para asociar eventos a elementos HTML (ou calquera das súas variantes) no elemento e, cando se cargue o código javascript, o evento quedará asociado. O problema vén dado cando o elemento ó que queremos asociar un evento non existe no momento de cargar o javascript, senón que será creado dinámicamente nalgún momento. Ata que o elemento exista, non se lle poden asociar eventos. Neste artigo veremos como podemos solucionar este problema coa función on() de jQuery.

Introdución a jQuery (parte 2)

31 Mai 2011 por Jose

Comentarios en Introdución a jQuery (parte 2): 0

jQuery

Na entrada introdución a jQuery xa vimos como empezar a utilizar esta librería. Hoxe veremos algúns aspectos máis avanzados desta potente ferramenta.

Empezaremos repasando como se pode cargar o código na páxina web, logo veremos como se pode estender a funcionalidade da librería con plugins, o fácil que resulta AJAX con jQuery e, para rematar, como evitar conflitos con outras librerías.