Estás en:

Blog: PHP

Estrutura web en Wordpress: cargar o contido do primeiro fillo

15 Mai 2013 por Cruz

Comentarios en Estrutura web en Wordpress: cargar o contido do primeiro fillo: 0

Wordpress

A maior parte das páxinas web teñen unha estrutura organizada en varios niveis. Cando o cliente entrega os contidos vemos que moitas veces non hai nada nas seccións pai. Ó preguntar que contidos irán aí, a resposta máis habitual é que non queren nada, que cando piquen nesa sección se redirixa á primeira sección filla, é dicir, que só se utiliza a sección pai como contedor, para organizar os contidos.

Neste artigo explicaremos unha solución a este problema cando estamos desenvolvendo a páxina web co open source Wordpress.

Perdendo sesións nos iFrames con Internet Explorer

21 Mar 2012 por Jose

Comentarios en Perdendo sesións nos iFrames con Internet Explorer: 0

Internet Explorer

O uso de iFrames é unha técnica desaconsellada por moitos programadores, pero aínda así e a pesar do alto consumo que provoca nos navegadores, é necesario usala á hora de realizar algúns traballos, como poden ser as novas aplicacións para Facebook, que deben estar incustradas nun iFrame. Este método, cando nos manexamos con IE, pode provocar que non funcionen correctamente as sesións.

Directivas PHP: date.timezone

01 Dec 2011 por Jose

Comentarios en Directivas PHP: date.timezone: 0

PHP

Traballar con datas en programación pode ser un apartado tedioso, e aínda que as linguaxes posúen múltiples funcións para facilitar o traballo con elas, non sempre son suficientes, posto que cada linguaxe de programación pode manexalas de forma diferente e teremos que buscar sempre un punto de encontro entre todos se traballamos conxuntamente con máis dun. Tamén adoitan provocar problemas as zonas horarias e as súas configuracións, sobre todo se traballamos con servidores localizados en franxas horarias distintas.

Estruturas xerárquicas en bases de datos relacionais (parte 3)

02 Nov 2011 por Jose

Comentarios en Estruturas xerárquicas en bases de datos relacionais (parte 3): 2

Árbore xerárquica

Neste último artigo da serie veremos como podemos facer para converter unha táboa que traballa co adjacency list model noutra adaptada para o modified preorder tree transversal method, xa que son dous dos métodos máis utilizados para estruturas xerárquicas. Tamén nomearemos outros métodos válidos para poder traballar con estas estruturas e comprobar que as opcións dispoñibles son amplas, sempre que teñamos a curiosidade para buscalas.

Estruturas xerárquicas en bases de datos relacionais (parte 2)

03 Out 2011 por Jose

Comentarios en Estruturas xerárquicas en bases de datos relacionais (parte 2): 7

Árbore xerárquica

No artigo anterior sobre estruturas xerárquicas vimos como traballar co "The adjacency list model" pode complicarse algo cando queremos evitar a recursividade. Neste artigo veremos outro método que intentará solucionar o mesmo problema de recursividade pero modificando a base de datos para crear unha nova estrutura, chamado "the modified preorder tree traversal algorithm", onde poderemos observar que recoller os datos da estrutura xerárquica faise cunha única consulta.