Estás en:

Blog: PHP

Procedementos almacenados en SQL Server desde PHP

16 Set 2011 por Luis

Comentarios en Procedementos almacenados en SQL Server desde PHP: 10

PHP + SQL Server

Os procedementos almacenados (stored procedures) son pequenos programas que se almacenan e executan na base de datos. No caso de Microsoft SQL Server son grupos de ordes en Transact-SQL (T-SQL) que se executan seguindo un plan. A estes procedementos almacenados, coma se fosen funcións, pódenselles pasar parámetros para a súa execución (por valor ou por referencia) e poden devolver un valor numérico ou o resultado dunha consulta. Neste artigo veremos como se poden chamar estes procedementos almacenados desde PHP e como manexar os parámetros e valores devoltos.

Estruturas xerárquicas en bases de datos relacionais

31 Ago 2011 por Jose

Comentarios en Estruturas xerárquicas en bases de datos relacionais: 2

Árbore xerárquica

En ocasións atopámonos na necesidade de traballar con algunha xerarquía de datos, como poden ser os temas en foros, categorías de produtos en tendas virtuais, listas de correo, ... e cando os datos empezan a crecer ímonos dando conta que as bases de datos relacionais poden non ser as máis adecuadas para este fin, posto que case sempre nos obrigan a traballar con recursividade.

mssql_bind converte as cadea baleiras en nulos

17 Ago 2011 por Luis

Comentarios en mssql_bind converte as cadea baleiras en nulos: 1

PHP + SQL Server

mssql_bind é unha función de PHP que serve para enviar parámetros a procedementos almacenados (stored procedures) en Microsoft SQL Server. Con ela podemos enviar ó procedemento almacenado todo tipo de variables: enteiros, reais, cadeas, ... e, se é necesario, nulos. Pero esta función ten un problema e, cando intentas pasarlle unha cadea baleira como parámetro ó procedemento almacenado, mssql_bind convérteo en nulo, o cal pode provocar erros se ese parámetro non acepta nulos.

Directivas PHP: safe_mode

04 Xul 2011 por Jose

Comentarios en Directivas PHP: safe_mode: 1

PHP

Di a documentación oficial de PHP que a directiva safe_mode é un intento de resolver un problema de seguridade en servidores compartidos. E aínda que si mellora a seguridade non resulta unha práctica infalible, xa que leva a moitos provedores de Internet (ISP) e programadores a pensar que están a salvo de ameazas de seguridade. Isto non debe ser do todo certo cando a comunidade PHP a declarou obsoleta na versión 5, e non estará presente na versión 6.

Encriptar e gardar contrasinais en base de datos

16 Feb 2011 por Luis

Comentarios en Encriptar e gardar contrasinais en base de datos: 29

Top secret

Sempre que se deseña unha aplicación que necesite identificación de usuarios suscítase a dúbida de se utilizar un sistema de autenticación externo (Facebook, Google , OpenId, ...) ou un sistema de autenticación propio. Cando se utiliza un sistema de autenticación propio, exponse o problema da seguridade á hora de gardar os contrasinais dos usuarios na nosa base de datos.