Estás en:

Blog: Programación

jQuery, optimizando para aumentar o rendemento: o DOM

04 Abr 2012 por Luis

Comentarios en jQuery, optimizando para aumentar o rendemento: o DOM: 3

jQuery

En artigos anteriores vimos como optimizar os selectores en jQuery e outras formas de optimizar jQuery para conseguir un mellor rendemento do noso código. Neste artigo trataremos sobre a manipulación do DOM, unha acción que é tan custosa que debe tratarse con moito coidado.

Recordar que, para a maioría de proxectos non é necesario refacer o código pero que sempre podemos ter en conta estas pautas en diante.

jQuery, optimizando para aumentar o rendemento: varios

06 Mar 2012 por Luis

Comentarios en jQuery, optimizando para aumentar o rendemento: varios: 0

jQuery

Nun artigo anterior vimos como optimizar os selectores en jQuery para conseguir un mellor rendemento do noso código. Neste artigo veremos varias técnicas que perseguen o mesmo obxectivo.

Como se explica no anterior artigo, para a maioría de proxectos é innecesario preocuparse da optimización aínda que, se ben a mellora non xustifica refacer o código de proxectos antigos, sempre podemos realizar os novos seguindo estas pautas. Ademais, algunhas das técnicas que se explican neste artigo, si poden supor unha gran mellora nos tempos.

Aplicacións en pestanas de Facebook

20 Feb 2012 por Jose

Comentarios en Aplicacións en pestanas de Facebook: 16

Facebook

Facebook converteuse nos últimos anos en algo máis que unha rede social, debido ó seu gran número de seguidores, as empresas viron unha importante plataforma onde captar clientes, isto unido a que a rede social está capacitada para conter aplicacións de terceiros de forma sinxela fixo que proliferasen rapidamente.

jQuery, optimizando para aumentar o rendemento: os selectores

07 Feb 2012 por Luis

Comentarios en jQuery, optimizando para aumentar o rendemento: os selectores: 1

jQuery

Neste artigo veremos algúns consellos para aumentar o rendemento e a velocidade de execución do código jQuery. Neste primeiro artigo imos centrarnos nos selectores. Aínda que para a maioría de proxectos é innecesario preocuparse da optimización, xa que o beneficio que se obtén é ínfimo, para algúns proxectos nos que se fai un uso intensivo de javascript, uns milisegundos en cada acción poden supor unha gran diferenza. Ademais, aínda que a mellora non xustifica refacer o código de proxectos antigos, sempre podemos realizar os novos seguindo estas pautas.

LESS: Usando CSS dinámico

17 Xan 2012 por Jose

Comentarios en LESS: Usando CSS dinámico: 3

LESS

Cando CSS naceu só era unha ferramenta para modificar algúns estilos básicos nunha páxina web. Co tempo os programadores atoparon unha potente ferramenta nesta linguaxe, optimizando o seu uso non só para cambiar estilos senón para ser capaz de controlar toda a parte visual dunha páxina web en calquera dispositivo que nos atopemos. Agora foron un paso máis aló, creando ferramentas de pre-procesado de CSS, que consiste en estendelo para usar variables, regras aniñadas, mixins ou funcións. Entre estas ferramentas atópanse LESS ou SASS.