Estás en:

Blog: Programación

Java: Double Brace Initialization

19 Nov 2010 por Santi

Comentarios en Java: Double Brace Initialization: 1

Java

Cando un se adica a buscar en Google a resposta a algunha dúbida de programación ás veces atopa a solución ós seus problemas, ás veces perde o tempo e outras veces perde o tempo pero descubre algo interesante.

Cando buscas dúbidas sobre Java en Stackoverflow soe pasar o mesmo. Unha das cousas interesantes que descubrín en unha de esas ocasións foi un fío sobre as características ocultas de Java, onde os participantes falan sobre certas características de Java que non son moi ampliamente coñecidas. Este tipo de fíos son moi populares en Stackoverflow, existe un para cada unha das linguaxes de programación máis populares, moi recomendable a súa lectura.

Unha das características que máis chamou a miña atención (e polo visto de moitos dos participantes) das que se comentan en ese fío é a chamada "Double Brace Initialization" (Inicialización con Dobre Chave). Baixo este nome escóndese unha nova sintaxis para a inicialización de coleccións (listas, mapas, conxuntos, ...).