Estás en:

Blog: Servidores web

BOM en UTF-8, que é?

30 Nov 2010 por Jose

Comentarios en BOM en UTF-8, que é?: 19

UTF-8

Algunha vez sucedeuvos que ao editar ficheiros que non foron creados por vós, ou probando nun servidor doutro sistema, aparezan carácteres estraños ao comezo do mesmo? ou ata que mostre erros porque xa se enviaron as cabeceiras, e non atopas onde sucede?

Non tes por que preocuparte, trátase do BOM que se utiliza en codificacións Unicode.

Instalar varias versións de PHP nun servidor con Linux (Debian)

19 Nov 2010 por Jose

Comentarios en Instalar varias versións de PHP nun servidor con Linux (Debian): 4

Apache + PHP + ¿PHP?

Recentemente instalei un novo servidor en un equipo con Debian squeeze. O servidor web (Apache 2), PHP e MySQL instaleinos de forma automática con apt.

A versión de PHP instalada foi a 5.3.2 e dado que viña traballando nunha 5.2.14 empecei a detectar algúns erros, que puiden solucionar facilmente. O problema é que sigo necesitando a versión antiga. Entóns éntrame a dúbida: ¿podo ter dúas versións distintas de PHP nun mesmo servidor?

A resposta é si, e dunha forma sinxela.

Sesións en PHP: que son e como funcionan

19 Nov 2010 por Luis

Comentarios en Sesións en PHP: que son e como funcionan: 19

Descubre as sesións

En este artigo intentarei explicar, da forma máis simple posible, que son as sesións en PHP, como funcionan e como as implementa o servidor web. O obxectivo deste artigo non é explicar como usar sesións, senón comprender a mecánica do funcionamento, para entender como actúan os ataques contra elas.

Este artigo está orientado a xente con poucos coñecementos sobre o tema, así que en ocasións simplificarei certos detalles sabendo que o que digo é só media verdade (como cando che ensinaban que non existía a raíz cadrada dun número negativo).