Ola, somos Arume

Desenvolvemos páxinas web, aplicacións para móbiles, capas de realidade aumentada e aplicacións para Facebook. Apaixónanos a informática e somos uns perfeccionistas incurables; por eso nos nosos proxectos utilizamos estándares.

tel. 625 519 694

Mendaña de Neyra, 34, 3º B, 15008, A Coruña

Estás en:

Accesibilidade web, que é?

A accesibilidade web intenta lograr que todas as persoas sexan capaces de usar as páxinas web, independentemente das limitacións propias do individuo ou do dispositivo de acceso que utilicen. Estas limitacións poden vir dadas por unha discapacidade ou por unha situación determinada que dificulta o acceso á páxina web. As discapacidades dun individuo poden ser de varios tipos:

  • Visuais: visión reducida, daltonismo, cegueira, ...
  • Motrices: dificultade ou imposibilidade de usar as mans, temblores, lentitude muscular, ...
  • Auditivas: xordeira, deficiencias auditivas, ...
  • Cognitivas: dislexia, discalculia, dificultade para concentrarse, ...

A estas limitacións hai que engadir situacións temporais (personas con un brazo roto, usando un monitor con mala visualización, co rato estragado, ...), personas de idade avanzada e limitacións derivadas polo hardware ou software utilizado (dispositivos de pantalla pequena, distintos navegadores, móbiles, ...).

Facer a páxina web pensando na accesibilidade aumenta o número de usuarios que poden utilizala e amplía as opcións de aqueles que non teñen limitacións. Ademáis, beneficia o posicionamento da web nos buscadores, xa que estos ven o mesmo que unha persoa con cegueira.

Para cada unha destas limitacións hai que facer certos tipos de adaptacións da páxina web que varían moito entre si: facilitar o acceso sen usar o rato (deficiencias motrices), facer que se poida aumentar o tamaño dos textos (deficiencias visuais), subtítulos (deficiencias auditivas), ...

A WAI publicou unha serie de directrices denominadas Pautas de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 (WCAG10) que son nas que se basan a maioría das páxinas web. Estas pautas divídense en tres niveis de prioridade e, según o cumprimento destas directrices, existen os seguintes niveis de conformidade:

  1. Nivel A: directrices de prioridade 1, sen as cales algúns usuarios non poderían acceder á información da páxina web
  2. Nivel AA: directrices de prioridade 1 e 2, sen as cales algúns usuarios terían moi difícil acceder á información da páxina web
  3. Nivel AAA: directrices de prioridade 1, 2 e 3, sen as cales algúns usuarios terían certas dificultades para acceder á información da páxina web

A accesibilidade web está íntimamente relacionada coa usabilidade.

Podes ler máis nas ou na declaración de accesibilidade desta páxina web.

Outras ligazóns externas sobre accesibilidade