Ola, somos Arume

Desenvolvemos páxinas web, aplicacións para móbiles, capas de realidade aumentada e aplicacións para Facebook. Apaixónanos a informática e somos uns perfeccionistas incurables; por eso nos nosos proxectos utilizamos estándares.

tel. 625 519 694

Mendaña de Neyra, 34, 3º B, 15008, A Coruña

Estás en:

Compatibilidade entre navegadores, que é?

Compatibilidade entre navegadores refírese a que a páxina web se mostre de forma moi similar en todos os navegadores.

Aínda que os navegadores cada vez cumpren máis e mellor os estándares que marca a W3C, entre eles hai diferencias: regras que non son soportadas, diferentes interpretacións dunha especificación, ... o cal se traduce en que as páxinas web non sempre se ven igual entre eles e incluso entre versións do mesmo navegador (Internet Explorer 6, Internet Explorer 7, ...).

Como o número de navegadores que existen é moi grande, fálase de compatibilidade entre navegadores cando a páxina web se ve caseque igual nos máis usados: Firefox, Opera, Chrome, Internet Explorer e Safari. Con esos navegadores tense cuberto ó 99% dos usuarios.

Para lograr a compatibilidade entre navegadores, o que se soe facer é desenvolver cumprindo os estándares, de forma que calquera navegador actual ou futuro que cumpra estos mostrará ben a páxina web, e logo aplicar "trucos" (hacks) específicos para arreglar o que se ve mal en cada navegador.

Estas diferencias entre os navegadores poden darse en calquera dos estándares que utilizan: CSS, DOM (Javascript) ou, en menor medida, HTML.

Podes ler máis nas .

Outras ligazóns externas sobre compatibilidade entre navegadores