Ola, somos Arume

Desenvolvemos páxinas web, aplicacións para móbiles, capas de realidade aumentada e aplicacións para Facebook. Apaixónanos a informática e somos uns perfeccionistas incurables; por eso nos nosos proxectos utilizamos estándares.

tel. 625 519 694

Mendaña de Neyra, 34, 3º B, 15008, A Coruña

Estás en:

CSS, que é?

O CSS (follas de estilo en cascada) é unha linguaxe que define a apariencia dun documento escrito en unha linguaxe de marcado (por exemplo, HTML). Así, ós elementos da páxina web creados con HTML daráselle a apariencia que se desexe utilizando CSS: colores, espacios entre elementos, tipos de letra, ... separando desta forma a estructura da presentación.

Esta separación entre a estructura e a presentación é moi importante, xa que permite que só cambiando os CSS se modifique completamente o aspecto dunha páxina web. Esto posibilita, entre outras cousas, que os usuarios poidan usar follas de estilo personalizadas (como follas de estilo de alto contraste ou de accesibilidade).

Estándar CSS

O W3C define as especificacións do estándar CSS. Logo, os navegadores intentan implementar esas especificacións, para que as páxinas web se vexan igual en todos eles.

Os navegadores cada vez cumpren máis e mellor o estándar CSS. Por exemplo: Internet Explorer 6 cumpría o estándar en só un 12% mentras que Internet Explorer 9 cumpreo nun 95%. Por eso se deben maquetar as páxinas web seguindo o estándar CSS e non as especificacións dun navegador determinado. Tamén hai que procurar manter actualizado o navegador, xa que a medida que van cumprindo o estándar, van engadindo funcionalidades que antes non tiñan.

Podes ler máis nas .

Outras ligazóns externas sobre CSS