Ola, somos Arume

Desenvolvemos páxinas web, aplicacións para móbiles, capas de realidade aumentada e aplicacións para Facebook. Apaixónanos a informática e somos uns perfeccionistas incurables; por eso nos nosos proxectos utilizamos estándares.

tel. 625 519 694

Mendaña de Neyra, 34, 3º B, 15008, A Coruña

Estás en:

Canto costa unha páxina web?

Esta pregunta non ten unha resposta simple, xa que o seu precio varía moito en función do tipo de páxina web. É como preguntar canto costa un coche: non é o mesmo un de 65 CV que un de 300 CV, se é descapotable ou non, se é gasolina ou diésel, os cilindros, o número de portas, etc. Pois cunha páxina web pasa o mesmo: depende do número de seccións, da cantidade e tipo de información que leva cada unha, de se está en un ou varios idiomas, se é xestionable, etc.

As posibilidades de volumen de contidos, funcionalidade e complexidade son ilimitadas, polo tanto non é posible dar un precio aproximado, nin sequera unha media.

Se te pos en contacto con nós describindo a páxina web que queres, farémosche un orzamento sen compromiso.

Se aínda non sabes con certeza o que queres, podes descargarte o cuestionario orientativo [PDF] e enviarnos un correo electrónico. Farémosche un orzamento aproximado que cerraremos cando quede totalmente definida a páxina web.

Descripción dunha páxina web básica

Precio aproximado: 750 .