Ola, somos Arume

Desenvolvemos páxinas web, aplicacións para móbiles, capas de realidade aumentada e aplicacións para Facebook. Apaixónanos a informática e somos uns perfeccionistas incurables; por eso nos nosos proxectos utilizamos estándares.

tel. 625 519 694

Mendaña de Neyra, 34, 3º B, 15008, A Coruña

Estás en:

Dominio e aloxamento, que son?

O dominio e o aloxamento son dous conceptos estreitamente ligados entre si e ás páxinas web. O dominio é o nome co que se identifica a páxina web e o aloxamento onde está almacenada.

Dominio

O dominio é un nome fácil de memorizar que identifica o lugar onde temos gardada a nosa páxina web. Un dominio está composto de dúas partes separadas por un punto: o nome e a extensión (por exemplo: arumeinformatica.es). O nome é a primeira parte do dominio e é aquelo polo que queremos que nos identifiquen. A extensión é a segunda parte e serve para identificar que tipo de dominio é.

As extensión divíndese en dous grandes bloques: as asociadas a territorios ou países (es, it, ...) e as asociadas a organizacións ou grupos (com, net, ...).

Aloxamento

O aloxamento é o lugar onde está ubicada a nosa páxina web. Normalmente trátase dun pequeno espacio no disco duro dun servidor que está conectado a Internet polo que a información colocada nel pode ser visitada dende calqueira sitio con acceso á rede.

Outros servicios que poden ofrecer os aloxamentos son: FTP, contas de correo, control de acceso, estatísticas de rendemento ou visitas, ...

Os aloxamentos teñen asociadas unha serie características. Algunhas son:

  • Espacio en disco ou cuota: é a cantidade de disco duro que teremos para almacenar datos (correos, base de datos, código da web, imaxes, arquivos descargables, ...).
  • Transferencia: é a capacidade de interambio de datos, é dicir, cada vez que algúen accede á nosa páxina web, consúmese unha cantidade de bytes. Hai un máximo de bytes que se poden consumir por mes e este valor é o que indica a transfrencia, por iso canto máis pesada é a nosa páxina web e cantas máis visitas temos, máis transferencia necesitaremos.
  • Tipo de software: a maior parte dos aloxamentos teñen os servicios LAMP (Linux, Apache, MySQL e PHP). É importante saber que software e versión necesitará a nosa páxina web.

Hai aloxamentos de varios tipos. Os máis comúns son:

  • Compartido: trátase de que nun mesmo servidor se aloxen múltiples páxinas web. Como vantaxe aporta ter uns costes moi asequibles gracias a estar compartidos entre todos os clientes, por iso é a opción máis usada polos particulares, pequenas e medianas empresas. A desvantaxe é que teñen os recursos tamén compartidos entre todos os clientes e nalgún momento pode que nos vexamos afectados polo uso que outro cliente lle da ó servidor.
  • VPS: é un servidor virtual. Ofrece a sensación de disfrutar dun servidor de forma exclusiva, aínda que en realidade estase a compartir con outros clientes. Este tipo de aloxamento permite bastante control sobre o servidor, o que permite configurar o software, administrar varias contas e outros servicios personalizados.
  • Servidor adicado: trátase de dispor dun ordenador enteiro e en exclusiva. A vantaxe é que non se comparte con outros clientes e que se ten control total e absoluto sobre o servidor. A desvantaxe é que ten uns costes moi elevados.

Outras ligazóns externas sobre dominios e aloxamentos