Ola, somos Arume

Desenvolvemos páxinas web, aplicacións para móbiles, capas de realidade aumentada e aplicacións para Facebook. Apaixónanos a informática e somos uns perfeccionistas incurables; por eso nos nosos proxectos utilizamos estándares.

tel. 625 519 694

Mendaña de Neyra, 34, 3º B, 15008, A Coruña

Estás en:

  • Inicio >
  • Dúbidas >
  • En Internet Explorer 6 a miña páxina web non se ve ben

En Internet Explorer 6 a miña páxina web non se ve ben

Se utilizas Internet Explorer 6 deberías saber que é un navegador moi antigo e que xa existen versións de Internet Explorer moi superiores así como outros navegadores gratuítos (Firefox, Chrome, Opera, ...) que ofrecen prestacións moito mellores.

O gran problema de este navegador é que interpreta os estándares según o seu propio criterio, inventa regras que só el usa ou simplemente non implementa algunhas funcionalidades. Ademáis, ó ser moi antigo, non seguíu progresando á hora de desenvolver características que outros navegadores si teñen.

Internet Explorer 6 ten gran cantidade de erros ó mostrar as páxinas, ata tal punto que os programadores vémonos obrigados a facer as páxinas caseque dúas veces: primeiro facémola ben para todos os navegadores (incluído Internet Explorer 8 ou superior) e logo "estropeámola" para que se vexa ben en Internet Explorer 6 (e en menor medida tamén Internet Explorer 7).

Esto, unido a que é un navegador moi antigo, fixo que moitos programadores decidiran deixar de dar soporte para el. Non é que a páxina web esté mal feita (vese ben no resto de navegadores), é Internet Explorer 6 o que está mal programado.

Podes ler máis nas .

Outras ligazóns externas sobre Internet Explorer 6