Ola, somos Arume

Desenvolvemos páxinas web, aplicacións para móbiles, capas de realidade aumentada e aplicacións para Facebook. Apaixónanos a informática e somos uns perfeccionistas incurables; por eso nos nosos proxectos utilizamos estándares.

tel. 625 519 694

Mendaña de Neyra, 34, 3º B, 15008, A Coruña

Estás en:

Estándares HTML, que son e por que usalos?

Que é HTML?

HTML é unha linguaxe de marcado coa que se crea a estructura e o contido das páxinas web. Se pulsas "Ver código fonte" no teu navegador, verás as etiquetas HTML da páxina web: son os elementos rodeados por <>. Estas etiquetas indícanlle ó navegador que clase de elemento é o que ven a continuación: un parágrafo, un encabezado, unha táboa, un listado, ...

Estándares HTML

Existen multiples estándares HTML (HTML 4.01, XHTML 1.0, HTML 5, ...). Ó principio do documento debe indicárselle ó navegador que versión se vai a utilizar, xa que cada unha delas ten unhas regras distintas para interpretar as etiquetas.

Se non se lle indica ó navegador o estándar que se está usando ou se se lle indica un pero non se seguen correctamente as normas do mesmo, o navegador intenta interpretar o que se quería facer. O problema de esto é que cada navegador trata de interpretalo á súa maneira e pode chegar a conclusións distintas. Por eso se deben usar os estándares: se segues o estándar todos os navegadores saben o que queres facer, non teñen que procurar adiviñalo.

HTML semántico

As etiquetas HTML non lle din ó navegador a apariencia que deben ter os elementos dentro da páxina web, soamente sinalan cal é a súa función. A maioría dos navegadores mostran os elementos dunha forma similar; por exemplo, un encabezado h1 mostrarase en letra grande e en negriña en case todos os navegadores.

Facer HTML semántico significa marcar cada elemento según a súa función dentro do documento (valor semántico). Por exemplo, non marcar un texto como se fose un encabezado só para que colla esa apariencia, nin deixar de marcar un encabezado como tal para darlle unha apariencia distinta. A apariencia dos elementos debe cambiarse con CSS, para manter separada a estructura (HTML) da apariencia (CSS).

O HTML semántico favorece a accesibilidade e a usabilidade. Por exemplo, algunhas ferramentas (como JAWS) e navegadores (como Opera) poden coller todos os encabezados da páxina web e facer un índice con eles, permitindo saltar dun encabezado a outro. Evidentemente, para que esto funcione, os títulos teñen que estar marcados como tales (h1, h2, ...).

Podes ler máis nas .

Outras ligazóns externas sobre HTML