Ola, somos Arume

Desenvolvemos páxinas web, aplicacións para móbiles, capas de realidade aumentada e aplicacións para Facebook. Apaixónanos a informática e somos uns perfeccionistas incurables; por eso nos nosos proxectos utilizamos estándares.

tel. 625 519 694

Mendaña de Neyra, 34, 3º B, 15008, A Coruña

Estás en:

Javascript, que é?

Javascript é unha linguaxe de programación que se executa no navegador e que se utiliza para mellorar a interacción cas páxinas web. O HTML é estático: unha vez cargada a páxina web, a única forma de interactuar con ela é por medio de formularios e/ou recargandoa. Con Javascript pódense facer programas que respondan a accións do usuario: mostrar mensaxes, arrastrar elementos, crear efectos, modificar contidos, ...

O estándar que se usa para a programación con Javascript é o DOM da W3C, que é unha API para acceder, engadir e cambiar dinámicamente contidos en documentos HTML.

Javascript non obstructivo

O Javascript pode ir incrustado directamente no HTML. Javascript non obstructivo refírese á correcta separación entre capas: separar o HTML (estructura) e CSS (apariencia) do Javascript (comportamento); e a que a páxina web poida ser usada polos usuarios sen Javascript.

Para poder facer páxinas web accesibles, é indispensable que todo o Javascript que teñan esté programado de forma non obstructiva, xa que moitos usuarios utilizan aparellos que non teñen Javascript. Tamén favorece o posicionamento web, xa que os robots dos buscadores (Google, Yahoo, ...) non saben executar Javascript.

Podes ler máis nas .

Outras ligazóns externas sobre Javascript