Ola, somos Arume

Desenvolvemos páxinas web, aplicacións para móbiles, capas de realidade aumentada e aplicacións para Facebook. Apaixónanos a informática e somos uns perfeccionistas incurables; por eso nos nosos proxectos utilizamos estándares.

tel. 625 519 694

Mendaña de Neyra, 34, 3º B, 15008, A Coruña

Estás en:

Microformatos, que son?

Os microformatos son unha forma de engadir valor semántico a un contido da páxina web que un humano pode clasificar (datos de contacto, eventos, ...) e que para un ordenador é só un texto máis.

Por exemplo, cando unha persoa ve os datos de contacto dunha empresa na súa páxina web, para unha máquina (como o robot de Google) esos datos son só un texto máis; o ordenador non sabe distinguir entre esos datos e o resto dos contidos. Os microformatos son un intento de solucionar esto: engadindo certas etiquetas no código, marcamos ese texto como "datos de contacto" tamén para unha máquina.

Existen microformatos para moitos tipos de datos. Algúns deles son:

hCard
Para os datos de contacto. É compatible con vCard que é o estándar que usan as axendas (por exemplo Outlook) nas fichas de contacto.
hCalendar
Para os eventos: data, lugar, etc. É compatible con iCalendar que é o estándar que usan as axendas (como Outlook ou Google Calendar) nos calendarios.
hReview
Para as críticas ou revisións de artigos, servicios, películas, ...
hResume
Para currículos.

Podes ler máis nas .

Outras ligazóns externas sobre Microformatos