Ola, somos Arume

Desenvolvemos páxinas web, aplicacións para móbiles, capas de realidade aumentada e aplicacións para Facebook. Apaixónanos a informática e somos uns perfeccionistas incurables; por eso nos nosos proxectos utilizamos estándares.

tel. 625 519 694

Mendaña de Neyra, 34, 3º B, 15008, A Coruña

Estás en:

  • Inicio >
  • Dúbidas >
  • Páxina web, aplicación web e aplicación de escritorio, cal é a diferencia?

Páxina web, aplicación web e aplicación de escritorio, cal é a diferencia?

Unha páxina web é un documento ó que se pode acceder a través de un navegador. A información das páxinas web é, normalmente, estática (só se pode ler, non interactuar con ela).

Unha aplicación de escritorio é un programa que se instala e/ou executa no teu ordenador (OpenOffice, Excel, Buscaminas, ...) incluso se a aplicación traballa con datos a través da web (Thunderbird, Outlook, eMule, ...).

Unha aplicación web é unha páxina web especial, que ten información sobre a que se pode interactuar e incluso cambiar. A diferencia cas aplicacións de escritorio é que non se instala nin se executa no teu ordenador, senón a través dun navegador. Exemplos de aplicacións web son: Gmail, Hotmail, Google Docs, ...