Ola, somos Arume

Desenvolvemos páxinas web, aplicacións para móbiles, capas de realidade aumentada e aplicacións para Facebook. Apaixónanos a informática e somos uns perfeccionistas incurables; por eso nos nosos proxectos utilizamos estándares.

tel. 625 519 694

Mendaña de Neyra, 34, 3º B, 15008, A Coruña

Estás en:

Posicionamento web (SEO), que é?

Posicionamento web, posicionamento en buscadores ou posicionamento SEO refírese ás técnicas que buscan que unha páxina web apareza nas primeiras posicións dos resultados en buscadores (Google, Yahoo, ...) para unha serie de palabras ou frases.

Posicionamento web natural ou orgánico

Posicionamento natural refírese ás técnicas de posicionamento web que teñen que ver cos contidos da mesma (títulos, metas, palabras clave, ...) e/ou coas ligazóns dirixidas á páxina web, en contraposición ás campañas de posicionamento web de pago por click (Google Adwords, Yahoo! Search Marketing, ...), nas que pagas directamente ós buscadores para aparecer como unha ligazón patrocinada.

Algunhas técnicas de posicionamento web natural

  • Seguir os estándares: HTML semántico, CSS e Javascript non obstructivo
  • Identificar as palabras clave da páxina web e utilizalas convenientemente nos contidos
  • Xerar títulos únicos para cada sección da páxina web acorde ó seu contido e palabras clave
  • Crear metas personalizadas para cada sección da páxina web
  • Utilizar as palabras clave nos encabezados
  • Usar texto significativo nas ligazóns tanto internas como dende outras páxinas web
  • Minimizar o uso de tecnoloxías que os buscadores non entenden: Flash, AJAX, frames, ...
  • Dar de alta manualmente a páxina web en buscadores

Podes ler máis nas .

Outras ligazóns externas sobre posicionamento web