Ola, somos Arume

Desenvolvemos páxinas web, aplicacións para móbiles, capas de realidade aumentada e aplicacións para Facebook. Apaixónanos a informática e somos uns perfeccionistas incurables; por eso nos nosos proxectos utilizamos estándares.

tel. 625 519 694

Mendaña de Neyra, 34, 3º B, 15008, A Coruña

Estás en:

Realidade aumentada, que é?

A realidade aumentada é unha combinación do mundo real con elementos virtuais para a creación dunha realidade mixta en tempo real. Consiste en engadir información virtual a elementos ou lugares reais.

Na práctica, consiste en mirar o mundo real cun programa e a través dunha cámara e atopar información adicional de lugares ou imaxes que o programa recoñece.

Un exemplo real de recoñecemento de imaxes son os expositores das tendas de Lego nos que podes ver como quedará o xoguete que compras unha vez montado en 3D. Un exemplo de recoñecemento de lugares (ou xeoposicionamento) é esta aplicación da Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria que informa sobre as bibliotecas españolas.

O paso lóxico da realidade aumentada foi pasarse a aqueles aparellos de uso corrente que poden executar programas e teñen cámara incorporada: smartphones e tablets.

No campo de realidade aumentada para móbiles, naceron unha serie de programas chamados "navegadores de realidade aumentada". Estes aproveitan o acceso á web dos móbiles para proporcionar ó usuario contidos de distintos provedores (parecido a un navegador web en que o usuario elixe unha páxina da que ver os contidos). Os navegadores de realidade aumentada máis coñecidos son:

Podes ler máis nas ou podes ver o noso catálogo de aplicacións de realidade aumentada para Layar.