Ola, somos Arume

Desenvolvemos páxinas web, aplicacións para móbiles, capas de realidade aumentada e aplicacións para Facebook. Apaixónanos a informática e somos uns perfeccionistas incurables; por eso nos nosos proxectos utilizamos estándares.

tel. 625 519 694

Mendaña de Neyra, 34, 3º B, 15008, A Coruña

Estás en:

Usabilidade, que é?

Usabilidade refírese á facilidade e rapidez ca que un usuario da páxina web pode realizar unha tarefa concreta (encontrar un dato que busca, facer unha compra, atopar unha sección dada, ...).

En xeral, os usuarios de páxinas web non teñen paciencia. Se a páxina web tarda moito en cargar, se non entenden o sistema de navegación, se buscan algo e non o atopan rápido, ... simplemente cambian de páxina web. Os usuarios de páxinas web non queren ter que esforzarse nin pensar: queren dun só vistazo encontrar o que buscan e recoñecer os elementos que existen.

Pode que algún usuario vaia á túa páxina web porque é moi chamativa visualmente, pero se non é útil ou se é difícil de manexar, mirarana uns intres e iranse para non volver. O obxectivo debe ser que o usuario atope a páxina web útil e que encontre o que busca de forma rápida e sinxela.

Un erro moi común nos creadores e deseñadores de páxinas web, é querer impor os seus gustos e criterios sen pensar no usuario. Na web o usuario é o que manda e as páxinas web deben desenvolverse pensando en adaptarse ós gustos do usuario, non en que o usuario se adapte á páxina web.

Algunhas das regras xerais para mellorar a usabilidade dunha páxina web son:

  • Texto de tamaño adecuado e con bo contraste co fondo, para facer a lectura o máis cómoda posible
  • Non poñer elementos animados ou parpadeantes xa que distraen a atención do usuario
  • Poñer texto que identifique claramente o destino das ligazóns (non poñer "pinche aquí")
  • Non debe aparecer a barra de desprazamento horizontal
  • O deseño debe ser consistente (as distintas zonas de navegación e contidos deber ir aproximadamente no mesmo lugar) en todas as páxinas do sitio web
  • Os contidos deben ser claros e concisos, usando a mesma linguaxe que o usuario, non unha linguaxe institucional ou empresarial
  • etc.

A usabilidade está íntimamente relacionada coa accesibilidade web.

Podes ler máis nas .

Outras ligazóns externas sobre usabilidade