Ola, somos Arume

Desenvolvemos páxinas web, aplicacións para móbiles, capas de realidade aumentada e aplicacións para Facebook. Apaixónanos a informática e somos uns perfeccionistas incurables; por eso nos nosos proxectos utilizamos estándares.

tel. 625 519 694

Mendaña de Neyra, 34, 3º B, 15008, A Coruña

Fases dun proxecto:

  1. Análise: Definir obxectivos, funcionalidade, estructuración e contidos da páxina web.
  2. Deseño: Creación de modelos ca apariencia xeral.
  3. Programación: Desenvolvemento das funcionalidades.
  4. Maquetación: Introducción de contidos aplicando o deseño.
  5. Finalización: Instalación, probas e publicación.

Estás en:

Que facemos

A nosa especialidade son as páxinas web e as aplicacións web, aínda que podemos desenvolver calquera proxecto relacionado ca programación. Cóntanos o que queres e farémosche unha proposta.

Tamén facemos outro tipo de desenvolvementos:

Habitualmente desenvolvemos proxectos personalizados para cada cliente pero, se tes claro que unha aplicación específica de código aberto (Moodle, Wordpress, ...) se axusta perfectamente ás túas necesidades, podemos instalarcha.

Se o desexas podemos ofrecerche un servicio completo para a túa páxina web (dominio, aloxamento e mantemento), pero non che obrigamos a contratar estos servicios con Arume. Unha vez realizado o desenvolvemento eres libre de levalo a onde desexes. Non che esiximos cotas de mantemento nin permanencia.

Tamén facemos colaboracións con outras empresas. Se tes moita carga de traballo ou non é a túa especialidade, nós podemos realizar as tarefas de programación do proxecto.

Como o facemos:

Cremos que todos os proxectos deben cumprir uns parámetros mínimos de calidade, por eso todas as nosas páxinas web sempre inclúen:

  • Estándares HTML e CSS: Separación e validación de HTML e CSS. Unha boa base sobre a que construír.
  • Usabilidade: Intuitivo e fácil de usar, os internautas queren chegar e usar a túa web sen esforzo. Non lles fagas pensar.
  • Accesibilidade: Nivel WAI AA. Para os que só utilizan o teclado, para os de visión reducida, ... para todos.
  • Compatibilidade entre navegadores: Visualización correcta nos navegadores actuais máis comúns. Liberdade para elixir.
  • Posicionamento web natural: Accións básicas para que te localicen a través de buscadores. Se non te ve ninguén, non existes.
  • Javascript non obstructivo: Separación do resto de elementos e que a páxina web funcione sen Javascript. Funcionalidade extra.

Outros servicios que incluímos son:

  • Deseño personalizado según os obxectivos que persiga a páxina web e o público ó que vai dirixida.
  • URL amigables (Pretty URL)
  • Alta nos buscadores de Google e Bing.
  • Activación de estatísticas Google Analytics.
  • Se a páxina web inclúe mapa de Google Maps, módulo de "cómo chegar" e Google Places.
  • Aplicación de microformatos ós datos que se presten a iso.