Ola, somos Arume

Desenvolvemos páxinas web, aplicacións para móbiles, capas de realidade aumentada e aplicacións para Facebook. Apaixónanos a informática e somos uns perfeccionistas incurables; por eso nos nosos proxectos utilizamos estándares.

tel. 625 519 694

Mendaña de Neyra, 34, 3º B, 15008, A Coruña

Estás en:

Ficha persoal de Cruz

Cruz

Boas, son Cruz. Gústame o deporte, viaxar e estar cos meus amigos e familia. Son un deses bichos raros ós que lles encanta o seu traballo.

Cando acabei Enxeñería informática en A Coruña, decidín empezar como autónoma para comercializar o meu proxecto fin de carreira. Saíu moi ben, a verdade. No vendín nin un só programa, aínda que se me puxeron uns xemelgos moi duros. Pero, sobre todo, aprendín moito sobre o mundo empresarial. Cando vin que nin me daba para pagar as facturas tiven que darlle un xiro ó proxecto, o que me levou a descubrir o mundo da web. Xa cos pés no chan e moita máis experiencia, todo empezou a ir mellor. Agora pago as facturas.

En Arume teño varias funcións: administrar, presupostar, tratar co cliente, ... e, moi de vez en cando, desenvolver e programar. E, o máis difícil, convencer a Luis de poñer en práctica novas ideas e retos.

Cousas sobre Cruz