Ola, somos Arume

Desenvolvemos páxinas web, aplicacións para móbiles, capas de realidade aumentada e aplicacións para Facebook. Apaixónanos a informática e somos uns perfeccionistas incurables; por eso nos nosos proxectos utilizamos estándares.

tel. 625 519 694

Mendaña de Neyra, 34, 3º B, 15008, A Coruña

Estás en:

Ficha persoal de Jose

Logo de varios anos tendo o pracer de traballar con el, Jose emprendeu unha nova aventura profesional. ¡¡Que a sorte te acompañe!! Botarémoste de menos.

Jose

Eu son Jose, e non me gusta falar de min, pero se teño que facelo diría que son un home que nunca quixo crecer, sempre quixen ser matemático pero non me deron as contas.

Cando aprendín todo o que a facultade tiña que ensinarme, xa descubira no mundo da programación unha boa saída laboral na que desenvolver as ideas que ían aparecendo na miña cabeza, e iso fixen durante varios anos en múltiples empresas, ata recaer en Arume onde descubrín que o tempo non é a única variable que existe.

En Arume dedícome a programar.

Cousas sobre Jose