Ola, somos Arume

Desenvolvemos páxinas web, aplicacións para móbiles, capas de realidade aumentada e aplicacións para Facebook. Apaixónanos a informática e somos uns perfeccionistas incurables; por eso nos nosos proxectos utilizamos estándares.

tel. 625 519 694

Mendaña de Neyra, 34, 3º B, 15008, A Coruña

Estás en:

Ficha persoal de Luis

Luis

Hola. Son Luis. Son unha persoa que podería definirse polas súas contradiccións: non me gusta mandar pero son socio de Arume, non me gustan as formalidades pero son un fanático dos estándares, non me gustan os cambios pero encántame aprender cousas novas, son un "pupas" pero xogo ó rugby, ...

No ámbito laboral, logo de rematar os meus estudios comencei a traballar nunha empresa local na que me introduciron no mundo da programación web. Alí aprendín a gran importancia dos estándares, a separación por capas, o HTML semántico, ... principalmente porque non se usaba nada de eso. Cando decidín acompañar a Cruz en Arume foi coa idea de facer as cousas á miña forma. Non sempre é posible: algúns clientes tamén queren facer as cousas á súa forma.

En Arume teño varias funcións: programación, I+D, vixiar que todos respeten o manual de estilos e manter a Cruz cos pés pegados ó chan.

Cousas sobre Luis