Software
Arume Desenvolvementos Informáticos sabe da importancia da informática no mundo actual, pero tamén sabe que non todo o mundo é un usuario experto. Por iso no software de Arume Desenvolvementos Informáticos está especialmente coidada a interface de usuario para que resulte o máis sinxelo posible de utilizar. É importante que vostede se encontre cómodo cas aplicacións que manexa para sacarlles o máximo partido.
Combinando a facilidade de uso co rendemento provinte dunha programación eficiente, vostede aforrará moito tempo nas tarefas que desempeña.
Arestora, Arume Desenvolvementos Informáticos ofrécelle:
Arume Director
Arume Director é un xerador de horarios para centros de ensinanza desenvolto con Intelixencia Artificial, simulando o comportamento dun experto. Con Arume Director vostede poderá planificar complexos horarios, xa que ten en conta características como: desgloses, agrupamentos, preferencias personalizadas, distinto rango de horas por grupo, ...
Aplicacións a Medida
Se non encontra o que necesita, póñase en contacto para indicar as características do programa que busca. Pregunte por unha aplicación a medida ó seu gusto e farémoslle un orzamento gratuíto e sen ningún tipo de compromiso.