Novedades
Arume Desenvolvementos Informáticos resultou finalista nas categorías de Iniciativa e Tecnoloxía Accesible nos Premios Eganet 2007.
A web de Arume Desenvolvementos Informáticos resultou galardoada na categoría de Web Empresarial máis Accesible II dos Premios Accesibilidade 2006.
Na nova sección de proxectos da empresa, Rugby Galego - Google Maps, pode encontrar un exemplo de uso de Google Maps, vendo os campos e resultados das ligas rexionais de rubgy en Galicia.

Aplicacións a medida

Aplicacións a medida

A maior parte das veces a informática afórranos tempo nas nosas tarefas diarias a través de programas que xestionan os nosos datos. Pero, se non encontramos un programa que se adecue ás nosas necesidades ou temos un programa que é moi complexo de usar, acabaremos perdendo máis tempo do que gañamos.

Se vostede non encontra o software que precisa no mercado ou, a pesar de encontralo, non lle gusta como funciona ou non dispón de todas as opcións que necesita, Arume Desenvolvementos Informáticos pode facerlle unha aplicación á súa medida, con todas as opcións que necesite e totalmente personalizada.

Se quere obter un orzamento gratuíto e sen compromiso, pídao a través da sección Contacto e indique o máis detalladamente posible as características e funcionalidades que precisa.

Algunhas das cousas que deberá detallar son:

  • Describir as funcións que debe desempeñar e os datos que vai manexar.
  • Se quere restrinxir o acceso á aplicación ou a algunhas seccións desta para certos usuarios.
  • Se terá que interactuar con periféricos (impresoras, pantallas táctiles, lectores de códigos de barras, ...).
  • Todo o que considere necesario de mención.