Arume Director
O obxetivo de Arume Director é proporcionar unha axuda eficaz na planificación dos horarios nos centros de educación ó inicio do curso lectivo.
Arume Director foi desenvolto con Intelixencia Artificial (SBC) que aporta intelixencia na toma de decisións e en permanente colaboración con X.A.L.A. que leva 25 anos facendo horarios para IES.
Prezos:
Arume Director ten unha versión reducida, pensada especialmente para os centros que non poden asumir o custo dunha ferramenta tan completa. Esta versión non ten habilitados os módulos de preferencias de profesor nin os de preferencias de horarios.
| Producto | Prezo ** |
|---|---|
| Arume Director | 600 € |
| Arume Director Reducido | 150 € |
Mantemento:
Se compra Arume Director non terá que pagar tódolos anos unha cuota de mantemento. Cun único pago, poderá usar o programa para toda a vida.
Opcionalmente, vostede pode pagar unha cuota de mantemento anual, o que lle da dereito a: atención personalizada sobre dudas de funcionamento, actualizacións gratuítas e a poder propoñer cambios para futuras versións.
| Producto | Prezo ** |
|---|---|
| Arume Director | 150 € |
| Arume Director Reducido | 50 € |
Datos ilimitados e reutilizables:
Arume Director non ten ningún tipo de límite en canto a profesores, grupos ou aulas. Xa non terá que preocuparse polo número de profesores que terá o vindeiro ano.
Ademáis, Arume Director garda toda a información engadida dun ano para outro, é dicir, non terá que volver a introducir ningún dato, só modificar o nome dos profesores que cambien ou das optativas que xa non se impartan e, se o desexa, poderá comezar a xerar os horarios dende o resultado do ano anterior.
Preferecias e restriccións:
Arume Director non só ten en conta as restriccións lóxicas (coma que un profesor non pode estar en dous sitios ó mesmo tempo), senón tamén a distribucións das horas dos profesores. Esto faise a través das preferencias de profesores e de horarios.
Para os profesores permítese asignar un conxunto de preferencias e éstas pódense ordear por prioridade. Estas horas serán respetadas na medida do posible. Ademáis para cada profesor pódese seleccionar un número ilimitado de horas nas que non terá clase baixo ningún concepto, opción moi útil para profesores compartidos ou con horarios parciais.
Con respecto ás preferencias de horarios, existe unha lista de condicións da que poderemos elexir as que nos conveña que cumplan os horarios. Tamén podemos seleccionar un conxunto delas para que soamente se cumplan de forma preferible. A cada unha destas condicións podémoslle asignar un conxunto de profesores para os que non é necesario que se cumpla.
Desdobles, agrupamentos, horarios compartidos, ...
Arume Director pode resolver cuestións complexas como desdobles, agrupamentos ou asignaturas optativas. Pódese facer que materias do mesmo grupo coincidan á mesma hora, para facer fronte ós desdobles de distintas optativas. Ademáis con este sistema tamén poderemos agrupar nunha mesma hora a dúas materias iguais de distintos grupos. Gracias á potencia desta opción podemos facer que un grupo no que existen dous tipos de bacharelatos, teñan as mesmas materias comúns nas mesmas horas e que os bloques das optativas coincidan.
Horas fixas e recolocar horas:
Arume Director permite recolocar horas manualmente unha vez xerados os horarios. A propia ferramenta guiaranos durante este proceso, avisándonos das implicacións que conleva asignar esas horas.
Múltiples tipos de horario ó mesmo tempo:
Arume Director é unha ferramenta tan potente que é capaz de facer ó mesmo tempo os horarios da ESO, bacharelatos, ciclos, ... xa teñan horario diurno, nocturno ou ambos.
Interactividade:
Arume Director aproveita a intelixencia artificial da que goza para colaborar co usuario durante a creación dos horarios, por iso, ademáis do clásico modo de funcionamento onde o programa fai os horarios, ofrece a posibilidade de coloborar co usuario para decidir onde colocar as horas. Se vostede decide manexalo desta forma, o programa describiralle a situación en cada momento ofrecendo un conxunto lóxico de posibles solucións entre as que vostede deberá elexir. En calquer momento deste proceso, vostede poderá parar e reanudar a xeración dos horarios nese mesmo punto máis tarde, ou pedirlle ó programa que continue el só.
** Impostos non incluídos