Características de Arume Director
- Pódese trocar entre Galego e Castelá en calquer momento da execución.
- É unha ferramenta de uso sinxelo.
- Pódense exportar os horarios a arquivos de Excel.
- Permite crear tipos de horarios distintos para cada ensinanza (distinto número de horas por día, de tardes lectivas, etc.).
- Ofrece varias formas de introducir os datos necesarios (profesores, aulas, grupos, etc.).
- Permite crear claves de ata dez caracteres.
- Pódense asignar ata cinco preferencias por profesor, as cales están ordeadas por prioridade. **
- Permite prohibir certas horas de clase a algúns profesores. **
- Pódese decidir o número de horas que cada materia ten que ter en cada día.
- Permite agrupar materias de distintos grupos que teñen que coincidir entre si.
- Permite agrupar materias do mesmo grupo que teñen que coincidir entre si.
- Ofrece unha lista de características que poden cumprir os horarios: **
- Seleccionar o número máximo e mínimo de bloques que pode ter cada profesor.
- Seleccionar o número máximo e mínimo de horas que debe ter un profesor por día.
- Seleccionar o número máximo e mínimo de tarde que debe ter un profesor.
- Obrigar a que un profesor teña clase tódolos días.
- Non permitir que un profesor teña clase na última hora da maná e a primeira da tarde de ese día.
- Cada característica descrita ten tres opcións:
- Non fai falla que os horarios cumplan a condición.
- É totalmente obrigatorio que os horarios cumpran a condición.
- É preferible que os horarios cumpran a condición.
- Permite excluir a algúns profesores do cumplimento das condicións obrigatorias. **
- Permite asignar manualmente certas horas de clase.
- Permite marcar certas horas como fixas, para que o programa non as mova.
- Permite consultar estatísticas sobre os datos introducidos co fin de comprobar que non existen erros. Algunha destas estatísticas son:
- O total de horas que ten que ter cada grupo, e a cantidade asignada ata ese momento.
- A cantidade de horas que se pretende impartir en cada aula.
- O número de horas asignadas a cada profesor.
- Ten dous modos de funcionamento:
- Deixar que o programa faga só os horarios.
- Participar na elección das accións para completar e correxir os horarios.
- Permite parar a execución e continuar noutro momento no mesmo punto no que se parou a vez anterior.
- Permite troca-los horarios manualmente advertindo das consecuencias que implican estes cambios.
- Pódense consultar tódolos horarios creados desde a mesma ventá.
- Permite reutilizar datos de anos anteriores. Tódolos datos e parámetros introducidos quedarán grabados na base de datos interna.
** Arume Director Reducido non ten esta opción