Preguntas frecuentes sobre Arume Director
Preguntas xerais:
¿Cómo podo obter información que non encontro neste documento?
Poñéndose en contacto con nós por medio da nosa sección de Contacto.
¿Que metodoloxía utiliza Arume Director á hora de xerar os horarios?
Utiliza un Sistema Basado en Coñecemento que aporta intelixencia na toma de decisións. Este sistema foi desenvolto ca colaboración de X.A.L.A. persoa experta no campo da xeración de horarios.
¿Para que tipo de centros funciona?
No seu nacemento Arume Director estaba orientado para os IES, pero hoxe en día pode ser utilizado en calquer centro de ensinanza independientemente do tamaño ou do tipo de docencia que se imparta.
¿Existe algunha versión reducida que sexa máis barata?
Si. Pódese adquirir unha a versión máis barata. Nesta versión non se poden introducir preferencias para os profesores nin para os grupos, pero o seu prezo é menor.
¿Que requisitos son necesarios para o funcionamento de Arume Director?
Para instalar Arume Director é necesario ter un disco duro con NTFS e ter instalado Windows XP.
¿Que coñecementos informáticos son necesarios para o seu uso?
Para utilizar Arume Director so é necesario ter un coñecemento básico de informática. Ademáis é ideal tanto para persoas con pouca experiencia no campo da xeración de horarios, como para expertos. Isto é debido a que Arume Director permite elexir entre dous modos de funcionamento:
- Automatizar totalmente a creación de horarios.
- Utilizar os coñecementos propios para axudar ó programa a tomar decisións.
¿Pode vir alguén ó centro a facer unha demostración?
Dependendo da zona na que se encontre o centro e da época do ano. Para saber se é viable a demostración póñase en contacto con nós por medio da nosa sección de Contacto indicando onde se encontra o centro. Nuns días poñerémonos en contacto con vostede para informarlo da resposta.
Preguntas sobre o mantemento:
¿É obrigatorio pagar unha cuota anual para utilizar Arume Director ?
Non. O seu uso é ilimitado no tempo, aínda que é recomendable pagar a cuota de mantemento para optar a tódalas vantaxes deste servicio. Ver as vantaxes de adquirir o mantemento.
¿Que servicios ofrece a adquisición do mantemento de Arume Director?
- Obtención de tódalas actualizacións de forma gratuíta.
- Participar na elección das melloras que vai a ter a versión do ano seguinte.
- Atención personalizada durante todo o ano.
- Descontos en outras aplicacións ou servicios ofrecidos por Arume Desenvolvementos Informáticos.
¿Cando hai que pagar o mantemento?
O mantemento é unha cuota que hai que pagar unha vez ó ano. Esta cuota págase a finais do mes de xuño.
¿O primeiro ano hai que pagar mantemento?
Non, vai incluido no prezo.
Preguntas sobre o funcionamento:
¿Pódese xerar outra solución cos mesmos datos?
Si. Arume Director pode xerar solucións distintas a partir dos mesmos datos. O único que hai que facer é borrar os horarios actuais e xerar outra solución.
Arume Director non foi quen de encontrar unha solución, ¿que fago?
Existen varias posibilidades. O máis aconsellable é repasar os datos introducidos, comprobando que non existen erros. No caso de que os datos estén correctos hai que borrar os horarios anteriores e probar a xerar outra solución. Se aínda así Arume Director non encontra solución recoméndase cambiar algúns parámetros como as preferencias dos horarios, incluír máis profesores nas listas de excluídos, eliminar horas prohibidas de algúns profesores ou fixar máis horas manualmente.
¿Que maneiras hai de introducir os datos en Arume Director?
Existen tres formas para introducir os datos no programa:
- Metelos un a un dende Arume Director. Para máis información mirar o manual de usuario. Se aínda non o ten, pode conseguilo dende a sección de Descargas.
- Cargalos dende ficheiros de texto co formato indicado no manual de usuario. Se aínda non o ten, pode conseguilo dende a sección de Descargas.
- Contratar o servicio de introducción de datos.
¿Pódense cargar os datos directamente dende XADE?
Non. Non se poden cargar directamente, pero pódense adaptar os ficheiros de texto que xenera XADE para que sexan compatibles cos que acepta Arume Director.
¿Arume Director garda os datos para as seguintes veces?
Si. Tódolos datos introducidos en Arume Director (profesores, grupos, aulas, relacións, preferencias, ...) quedan almacenados na base de datos para posteriores usos.
¿Que tipo de claves acepta Arume Director para identificar ós profesores, grupos, aulas e materias?
Acepta claves de ata dez caracteres. Os caracteres poden ser números, letras ou unha combinación de ambas.
¿Podo parar de xerar os horarios e continuar noutro momento?
Si. Pódese parar a execución en calquera momento que Arume Director esté esperando unha resposta nosa. A próxima vez que se execute Arume Director poderemos elexir se continuar os horarios no punto no que se parou a vez anterior ou se se quere comezar de novo.
¿Que pasa se deshabilito a función "Continuar cos horarios actuais"?
Que Arume Director borra os horarios actuais (agás as horas fixadas manualmente) e comenza outra nova xeración.
¿Que é un desglose?
O desglose indica como se reparten as horas de clase semanais dunha materia. Por exemplo, se temos unha materia con 4 horas de clase semanais podemos marcar un desglose "1111" que significa que ten que ter catro días á semana de clase e cada día ten unha hora de clase. Se marcamos un desglose de "211" queremos que un día teña dúas horas seguidas de clase e, polo tanto, teremos tres días á semana de clase desa materia.
¿Que é un bloque?
Un bloque é o conxunto de horas dunha mañá ou dunha tarde, é dicir unha semana ten dez bloques, as cinco mañás e as cinco tardes.
¿Que é unha preferencia de profesor?
É unha hora na que preferimos que o profesor non teña clase.
¿Cantas preferencias se poden introducir para cada profesor?
Un máximo de cinco, ordenadas de maior a menor prioridade. Ademáis pódense prohibir un número ilimitado de horas para cada profesor.
¿Cal é a diferencia entre unha preferencia de profesor e unha hora prohibida?
A preferencia é algo que Arume Director intenta respetar na medida do posible, pero que en caso de necesidade pode ignorar. Unha hora prohibida é intocable, o programa nunca asignará unha clase a un profesor nesa hora.
¿Pódense asignar preferencias e prohicións que afecten a tódolos horarios?
Si. Na ventá de "Condicións". Para máis información mirar o manual de usuario. Se aínda non o ten, pode conseguilo dende a sección de Descargas.
¿Pódense excluir profesores das condicións que teñen que cumprir os horarios?
Si, premendo o botón "Excluir" que está ó lado de cada condición de horario. Para máis información mirar o manual de usuario. Se aínda non o ten, pode conseguilo dende a sección de Descargas.
¿Pódese facer que os alumnos dun grupo coincidan nas materias obrigatorias e teñan horario distinto nas optativas? (o que outras aplicacións denominan conexións débiles)
Si. A solución é crear dous grupos e facer coincidir as horas obrigatorias. Por exemplo, se temos este caso nun grupo chamado "ESO4A", crearemos dous grupos "ESO4A1" e "ESO4A2", meteremos as relacións das materias obrigatorias nos dous grupos e as optativas que correspondan a cada un, despois faremos coincidir cada unha das materias obrigatorias de "ESO4A1" cas correspondientes de "ESO4A2". Así asegurámonos que estas materias estarán asignadas á mesma hora, na mesma aula e co mesmo profesor, mentres que o resto das horas asignadas estarán de calquer forma sen ter en conta a orde no outro grupo.
¿Cómo fago un desdobre dun grupo?
Creando as dúas materias implicadas para o grupo e facéndoas coincidir. Así asegurámonos que esas dúas materias coinciden á mesma hora, pero en distinta aula.
¿Cómo divido os alumnos cando se imparten optativas?
Igual que facer un desdobre.
¿Pódese facer coincidir a mesma materia de distintos grupos á mesma hora?
Si, ca opción "Coincidir". Para máis información mirar o manual de usuario. Se aínda non o ten, pode conseguilo dende a sección de Descargas.
¿Cómo fago coincidir dúas materias con distinto desglose?
Creamos esas materias con soamente as horas que queremos que coincidan e despois facémolas coincidir. Por outro lado creamos outra relación cas horas que sobran (que non queremos que coincidan) desa materia ou materias.
¿Podo facer coincidir soamente unha hora de varias materias que ten máis dunha hora semanal?
Si. Igual que facer coincidir dúas materias con distinto desglose.
¿Podo meter unha hora dunha materia nunha aula e o resto noutra aula?
Si. Creamos dúas relacións distintas, nunha metemos unha materia ficticia dunha soa hora e na otra relación unha materia co resto das horas. A cada relación asignámoslle a aula desexada.
¿Arume Director asigna tutorías?
Pódese crear unha materia cunha hora de clase e despois engádese a relación que implica a esa materia co grupo no que queremos facer a tutoría.
¿Arume Director pode asignar guardias?
Si, pódese usar un truco para crear un horario de guardias. Creamos un ou varios grupos novos e unha materia dunha hora. Despois creamos as relacións necesarias, é dicir para cada un deses grupos creamos relacións con esa materia e cos profesores que queremos que fagan a guardia. Se soamente queremos un profesor de guardia a cada hora crearemos so un grupo, se queremos dous profesores, crearemos dous grupos, e así sucesivamente.
¿Existe algunha forma de comprobar que os datos sexan correctos?
Podemos usar o menú "Estatísticas", onde pode ver un resume dos datos introducidos para a súa comprobación.
¿Que pasa se fixo manualmente unha hora nunha hora prohibida dun profesor ou viceversa?
Arume Director non nos permite facer isto. No momento no que detecta algunha destas situacións aparece unha mensaxe de aviso.
¿Cómo podo imprimir os horarios?
Dende o menú "Horarios" grabamos os horarios. Con esta opción crearase un conxunto de ficheiros que se poden abrir, modificar e imprimir con Excel.
¿Pódende fixar horas de forma definitiva antes de comezar a xeración?
Si, dende a ventá de "Fixar horas". Para máis información mirar o manual de usuario. Se aínda non o ten, pode conseguilo dende a sección de Descargas.
¿Podo facer cambios manualmente despois de rematar a xeración dos horarios?
Si. Pode facelo dende o menú "Recolocar". Dende este menú pode mover horas de profesor ou de grupo e Arume Director indicaralle todas as implicacións que conleva este cambio.