Servicios e productos web
Cada día internet é máis importante en todos os aspectos da vida cotiá. En poucos anos, que calquer entidade tivese páxina web, pasou de ser unha excentricidade a ser unha necesidade. Tamén, cada cada vez máis, o mundo do software está máis orientado ás aplicacións web. A percepción da xente sobre este medio cambiou, e tamén cambiaron as metodoloxías de traballo.
Arume Desenvolvementos Informáticos supo evolucionar ca rede, por eso ofrece uns servicios web de calidade, cumprindo os máis importantes estándares e especificacións de desenvolvemento, facendo que os seus productos funcionen correctamente na mairoría dos navegadores tanto no momento actual coma no futuro e que sexan accesibles a tódalas persoas.
Arume Desenvolvementos Informáticos ofrece os seguintes servicios web:
Páxinas Web
Deseño e creación da súa páxina web, con posibilidade de cumprir os estándares do W3C e as normas de accesibilidade da WAI. Modificacións de webs existentes.
Módulos Web
Módulos Web predefinidos para instalar na súa páxina. Amplíe a súa web comprando algunha das opcións xa creadas e, en moi pouco tempo, cunha mínima intalación, estará funcionando no seu sitio web.
Aplicacións Web
¿Quere poder controlar algúns aspectos da súa empresa dende a casa? ¿ou irse de viaxe e poder acceder ó programa de xestión dos seus clientes dende calquer ordeador con internet? O que vostede necesita é unha aplicación web.
Auditorías de accesibilidade
Arume Desenvolvementos Informáticos ten ampla experiencia en accesibilidade e pode facerlle unha auditoría de accesibilidade que lle indique os cambios que debe realizar na súa páxina web para cumprir as normas WAI no nivel que desexe.