Novedades
Arume Desenvolvementos Informáticos resultou finalista nas categorías de Iniciativa e Tecnoloxía Accesible nos Premios Eganet 2007.
A web de Arume Desenvolvementos Informáticos resultou galardoada na categoría de Web Empresarial máis Accesible II dos Premios Accesibilidade 2006.
Na nova sección de proxectos da empresa, Rugby Galego - Google Maps, pode encontrar un exemplo de uso de Google Maps, vendo os campos e resultados das ligas rexionais de rubgy en Galicia.

Aplicacións web

Aplicacións web

Unha aplicación web é aquela á que se accede a través da rede utilizando un navegador. Esto significa que vostede pode ter a súa aplicación web en un servidor, coma se fose unha páxina web, e calquer con acceso á rede pode acceder a esa aplicación web sen necesidade de instalar ningún programa.

Moita xente pensa que as aplicacións web son inseguras, e é reacia a utilizalas. Sen embargo, servicios tales como Hotmail ou Gmail, compra de entradas a través de internet, servicios de banca online, ... son aplicacións web ben coñecidas e moi usadas.

As aplicacións web danlle a vantaxe de que vostede pode utilizalas dende calquer lugar con acceso á rede na que se encontra o servidor da aplicación web, sen necesidade de instalación algunha. Así, se vostede ten o servidor na súa intranet, só a xente conectada a esa intranet pode acceder a ela, pero se ten o servidor conectado a internet, pode acceder calquer.

Por eso, as aplicacións web son un medio moi útil á hora de dar servicios ós seus clientes, xa que eles mesmos poden conectarse á súa aplicación sen moverse da súa casa, a calquer hora e sen instalación de ningún tipo. Se, por exemplo, vostede utiliza unha aplicación web para controlar a facturación, o cliente pode conectarse fácilmente a ela para mirar as súas facturas.

Arume Desenvolvementos Informáticos ten ampla experiencia na programación de aplicacións web de control de clientes, xestión de correo electrónico, envio de emails, ...

Se vostede ten unha idea da aplicación web que precisa, pida un orzamento gratuíto e sen compromiso a través da sección Contacto, indicando o máis detalladamente posible as características e funcionalidades que precisa.